Xacobeo Autismo | Un Camiño de todos 2019
O PROXECTO
O proxecto Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos pretende dar a posibilidade a 20 persoas, con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, de realizar un tramo do Camiño Portugués da Costa, en etapas adaptadas as capacidades dos participantes no proxecto.
Ademáis é unha oportunidade para visibilizar a realidade deste colectivo e informar á sociedade sobre os recursos e servizos dos que dispon a Fundación MENELA para a atención as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias, desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta.
OS DESTINATARIOS
Os destinatarios deste proxecto, serán 20 persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, acompañados por 10 profesionais especializados na atención directa con este colectivo de persoas con TEA. Contaremos tamén coas familias e persoal voluntario.
As 20 persoas adultas con TEA, son usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás, cuxa titularidade corresponden a Fundación Menela.
AS ETAPAS DO NOSO CAMIÑO
AS ACCIÓN DO PROXECTO
FACENDO CAMIÑO
20 persoas con autismo acompañadas de profesionais especializados realizarán as etapas do camiño.
Os participantes terán a oportunidade de facer unha noite nalgún dos albergues do Camiño o que implica que, en cadansúa das etapas durmirá un grupo de 5 persoas usuarias diferentes do Centro Castro Navás, o que supón unha ratio atención de persoal de 5:3.
CAMIÑA CONNOSCO
Invitaremos a centros educativos e colectivos sociais dos concellos nos que se realicen as etapas a camiñar connosco.
En cada etapa do percorrido invitaremos a diferentes colexios ordinarios e Centros de Atención a Persoas con Discapacidade de cada Concello, para que nos acompañen nunha xornada de convivencia. Ao finalizar cada etapa contaremos cun punto de información sobre o Autismo e a Accesibilidade.
Realizaremos visitas de interese histórico e cultural en cada núcleo do Camiño, e remataremos o día, sempre cunha reflexión grupal, de cara a que as rapazas e rapaces con TEA, e os seus monitores e acompañantes, comenten como se sentiron ao longo da marcha, que foi o que mais lles gustou, que lles dirían os demais en relación o que viron, que cousas non lles pareceron ben, etc.
UN CAMIÑO PARA TODOS
Contribuiremos a mellorar á accesibilidade cognitiva do Camiño Portugués da Costa, mediante a sinalización de espazos con pictogramas.
As persoas con TEA e os profesionais que os acompañan realizarán unha revisión da sinalización e recollerán as necesidades detectadas de sinalización de espazos, percorridos, información ao peregrino, etc. que faciliten a identificación e realización do Camiño.
O resultado deste traballo exporase nos Concellos de A Guarda, Baiona e Nigrán, nun acto aberto a sociedade en xeral no que, ademais da proposta do plan de sinalización, informarase da importancia da accesibilidade cognitiva para as persoas con Autismo e outras discapacidades.
CUSTES DO PROXECTO E FINANCIAMENTO
O orzamento total destinado a este proxecto é de 20.413,07 euros, sendo por partidas a de PERSOAL a que mais recursos económicos consume (70% do total). Outras partidas salientables son as de SUBCONTRATACIÓNS e a de ALUGUERES e EQUIPAMENTO (ambas co 11 % do total de gasto previsto).
Os gastos do proxecto XacobeoAutismo cúbrense coas achegas económicas da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de axudas de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do proxecto "O TEU XACOBEO" da Axencia Turismo de Galicia, do Concello de Nigrán (Pontevedra) e da propia Fundación Menela. A participación de cada un dos financidores no orzamento total é a seguinte:
NOTICIAS RELACIONADAS CO PROXECTO
PERSOAS CON AUTISMO DA FUNDACIÓN MENELA FAN O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA
20 PERSOAS CON AUTISMO DA FUNDACIÓN MENELA INICIAN O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA
MEMORIA VISUAL DO PROXECTO XACOBEO AUTISMO. UN CAMIÑO DE TODOS.