As persoas con Síndrome de Asperxer poden e deben traballar

POEJ 'Uno a Uno' - Ano 2020

 

Fundación Menela forma a 5 mozos na actividade profesional de Atención ao Público grazas a 'Uno a Uno', iniciativa de mellora da empregabilidade da Fundación ONCE.

O programa formativo contempla as necesidades e os apoios que precisan as persoas con TEA sen discapacidade intelectual asociada para acceder ao mercado laboral, proporcionando coñecemento técnico e experiencia práctica.

As estacións de servizo “Repsol Plaza de España” e “Gasolineira Shell Avenida de Madrid” e a tenda de videoxogos Replay Games, son entornos de traballo reais onde Gabriel, Marcos, Iván, David e Fabián desenvolveron as competencias persoais e laborais.

O programa demostrou que as persoas con TEA poden aprender e poden traballar, aportando valor a súa empresa e rompendo cos prexuízos que ten boa parte do tecido empresarial.

Fundación Menela desenvolveu un programa formativo de habilidades socio-laborais có obxectivo de mellorar os niveis de empregabilidade de cinco persoas novas con Trastorno do Espectro do Autismo sen discapacidade intelectual, ou Síndrome de Asperxer, que acoden ao Servizo de Apoio Integral da Fundación Menela.

Gabriel, Marcos, Iván, David e Fabián son os cinco vinteañeiros que participaron nesta experiencia. Desde o principio, todos eles, transmitiron a importancia que o emprego ten nas súas vidas, os medos para encontralo, as súas ganas de traballar e a constancia na búsqueda de oportunidades para afrontar a vida adulta con independencia e autonomía.

Tras superar a fase de formación teórica, á que se dedicaron un total de 203 horas e que estivo centrada na promoción de habilidades de autonomía persoal, sociais e específicas do posto de traballo, trasladáronse aos entornos laborais para poñer en práctica os coñecementos adquiridos, nos que estiveron un total de 141 horas. Gabriel, Marcos e Iván o fixeron nas dúas Estacións de Servizo de Vigo: “Repsol Praza de España” e “Gasolineira Shell Avenida de Madrid, e David e Fabián en Replay Games, tenda de videoxogos abicado na Rúa María Berdiales en Vigo.

O proxecto formativo deu resposta á falta de oportunidades de formación que capaciten as persoas con TEA, e que permiten o acceso a actividades prelaborais significativas. Así tamén incidiu de xeito moi positivo no desenvolvemento persoal, axudando a todos eles a gañar confianza en si mesmas, así como autoestima, podendo ser precursor dun emprego remunerado.

Este proxecto responde ao esforzo de Fundación Menela para incrementar os recursos destinados a facilitar ás persoas con TEA o acceso a unha educación permanente e a unha variedade de experiencias formativas e laborais, que lles permitan afrontar a vida adulta con maior autonomía e independencia, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida de acordo coa misión da fundación. Ao mesmo tempo contribúe a sensibilizar a sociedade e ao tecido empresarial sobre as súas competencias e a produtiva contribución que poden realizar nos distintos sectores de actividade, erradicando prexuízos e mitos en torno ao autismo.

Esta iniciativa está subvencionada a través da Convocatoria de Axudas Económicas para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Novas con Discapacidade "Uno a uno" – POEJ – Ano 2020 da Fundación ONCE, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). En concreto, enmárcase no obxectivo temático 8: Promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e formación

 

 

 

Nigrán, 23 de febreiro de 2020 Ι Fundación Menela

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.