loading

Atención a Familias/ Acción Tutelar

Atención a Familias/ Acción Tutelar

Proporcionar mais benestar e oportunidades ás persoas con TEA por medio do apoio ás súas familias

O Servizo de Atención a Familias ten como finalidade a de ofrecer información e asesoramento ás familias das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, procurando abarcar as súas necesidades ao longo de todo o ciclo vital da persoa con TEA (desde o diagnóstico ata a idade adulta) e nos seus diferentes contextos de referencia (fogar, centro educativo, laboral, contornos sociais, sanitarios e comunitarios).

Como complemento do anterior, este servizo tamén presta apoio as Asociacións de Familiares dos Centros da Fundación Menela no relativo aos procedementos de solicitude e xestión de subvencións para financiar os seus programas de actividades e nas súas relacións con organismos públicos e privados.

Acción Tutelar

O programa de Acción Tutelar da Fundación Menela ten como finalidade a defensa e a protección das persoas adultas con TEA que teñen modificada a súa capacidade por sentenza xudicial, procurando en todo momento a súa integración na sociedade, a defensa dos seus dereitos e os seus intereses así como a administración do seu patrimonio. Presta asesoramento a familias e entidades, desenvolvendo actuacións cara á prevención de situacións de abuso, neglixencia o maltrato sobre a súa persoa e os seus bens.

O programa de Acción Tutelar da Fundación Menela desenvólvese a través da Fundación Tutelar “Camiño do Miño”

 

QUE FACEMOS

Acollida ás familias que acoden por primeira vez a Fundación Menela
Atención directa a nivel individual e familiar
Información, Orientación e Asesoramento dos recursos existentes
Xestión e Tramitación de axudas e doutros trámites ante os Organismos e Entidades pertinentes
Seguimento de casos
Visitas Domiciliarias e Hospitalarias
Promoción de novos servizos que poidan ser de utilidade

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami
Sede F. Menela

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

mlopez@menela.org

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.