UNO A UNO 2023-2024
PROGRAMA DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. AGRICULTURA ECOLÓXICA E TÉCNICO DE COMPOSTAXE.
UNO A UNO 2023-2024
PROGRAMA DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. AGRICULTURA ECOLÓXICA E TÉCNICO DE COMPOSTAXE.
Fundación ONCE, con data 29 de decembro de 2023, outorga unha axuda de 40.000 euros á Fundación MENELA para a execución do “Programa de Reforzo da Empregabilidade para persoas con discapacidade: Agricultura ecolóxica e técnico de compostaxe” presentado á CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A SELECCIÓN DE OPERACIÓNS PARA O REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2023-2024 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus.
Este programa ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación persoal e laboral de dez persoas con discapacidade, a través do programa de formación “Agricultura ecolóxica e técnico de compostaxe” que inclue a formación no posto de traballo, coa finalidade de contribuír á inserción socio laboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade.
O programa formativo executarase entre os meses de febreiro e agosto de 2024 adicándolle, un total de 600 horas, 400 horas de formación teórica e 200 horas de formación no posto de traballo.
Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE+ no marco do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027, en concreto co Obxectivo político 4: unha Europa mais social e integradora mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos. Obxectivo Específico h), relativo a fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos.
Fundación Menela | 5 Febreiro de 2024