POEJ UNO A UNO 2022-2023
Fundación Menela forma a seis mozos con Autismo na actividade laboral de auxiliar de cociña e hostelería có apoio da Fundación ONCE
Conseguir un traballo representa un aspecto fundamental para a Calidade de Vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA); supón melloras na súa autonomía, na súa capacidade de participación social, na súa vida independente e no seu sentimento de orgullo e autoestima. Así, para poder conseguir este obxectivo de inclusión sociolaboral son necesarias ferramentas formativas potentes ao seu alcance e, non menos importante, unha predisposición por parte do empresariado e das contornas laborais á flexibilidade e á adaptación.
Fundación MENELA aúna estes dous elementos claves e, grazas ao apoio da Fundación ONCE, desenvolveu un programa formativo que permitiu formar a seis mozos e mozas con Autismo na actividade laboral de auxiliar de cociña e hostelería, unha actividade profesional que conecta cos intereses e motivacións de cada un deles.
O proxecto formativo executouse entre os meses de decembro de 2022 e abril de 2023 adicándolle un total de 410 horas, 224 horas de formación teórica e 186 de formación no posto de traballo, contando coa colaboración e apoio da empresa Eurest Colectividades S.L.
Esta formación facilitou a adquisición de competencias profesionais do sector da alimentación e competenciais persoais que lles permiten transitar e posicionarse dunha maneira diferente no mundo. Unha planificación centrada na persoa, unha formación específica práctica e experiencial cos apoios axeitados, un acompañamento intensivo durante todo o proceso formativo e na práctica no posto traballo, foron ferramentas imprencindibles para que os mozos e mozas con TEA acadaran uns resultados positivos, unha maior seguridade e autonomía persoal.
Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE no marco do Programa Operativo de Empleo Juvenil 2014-2020, en concreto no contexto da Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8: Promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais
21 de Abril de 2023 Ι Fundación Menela