loading

Calidade

O Sistema de Calidade da Fundación Menela ten como obxectivo garantir a mellor resposta as expectativas e necesidades dos seus clientes , tanto aos usuarios directos dos seus Centros como aos seus familiares y persoas relacionadas con eles, e o cumprimento dos compromisos adquiridos con eles pola entidade. Para elo, comproba que cada un dos nosos servizos se esforza en aportar os medios humanos e técnicos precisos para levar a cabo a súa actividade, que aseguren a atención da máxima calidade dentro das súas posibilidades, implantando, actualizando y mellorando día a día os programas de acción que cumpran tanto cos obxectivos establecidos pola propia entidade como cos requirimentos exixibles pola normativa vixente e os beneficiarios dos mesmos.

Tanto a Fundación Menela como a empresa de inserción laboral CASTRO NAVAS SL teñen certificado desde 2009 o seus Sistema de Xestión da Calidade baixo a norma ISO 9001:2015 e UNE 158101:2015. O alcance dos certificados vixentes sería o seguinte:

  • Alcance UNE-EN ISO 9001:2015

A) A prestación do servizo de valoración, diagnóstico e orientación a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

B) A prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo: servizo de información e orientación a familias, servizo de atención temperá e servizo de apoio integral (atención psicomotriz, logopedia, estimulación cognitiva e estimulación sensorial).

C) A prestación de servizos a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo en centros de educación especial: formación básica e formación en transición á vida adulta, habilidades sociais, habilitación persoal, inclusión social, atención psicolóxica e os servizos xerais de restauración e transporte.

D)  A prestación de servizos de atención diúrna e residencial terapéutica e de respiro familiar para a prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo: coidados persoais, apoio nas actividades básicas e instrumentais da vida diaria, atención psicolóxica e psiquiátrica, atención básica de enfermería, fisioterapia, hidroterapia, terapia ocupacional, estimulación sensorial, integración laboral e social, actividades de ocio e tempo libre, e os servizos xerais de restauración, limpeza, mantemento e transporte.

E) A impartición da formación profesional para o emprego nas áreas de: servizos socioculturais e á comunidade e sanitaria.

F) A prestación dos servizos de lavado, secado e planchado de roupa.

  • Alcance UNE 158101:2015

A prestación de servizos de centro residencial e centro de día para persoas con Trastorno do Espectro do Autismo:

     Residenciais e xerais: aloxamento, manutención.

     Sanitarios: enfermería, psiquiatra, fisioterapia e hidroterapia.

     Psicosociais: atención social e familiar, psicoloxía, terapia ocupacional, actividades de ocio e tempo libre.

Mellora continua

Como parte da súa dedicación á mellora continua, o equipo de Calidade da Fundación Menela avalía regularmente os resultados de todos os programas para medir o seu rendemento, analizando catro áreas clave para avaliar o seu progreso: eficacia, eficiencia, acceso e satisfacción.

Procedemento

Desde o momento en el que unha persoa ingresa nos nosos Centros, o equipo de avaliación, xunto coa familia, establece un Plan de Atención Individualizada, que se revisa periodicamente e no que determina os obxectivos e as actividades que mellor responden ás súas necesidades. Os departamentos de Administración e Xestión, Recursos Humanos, Compras, Protección de Datos, Proxectos, etc complementan aos profesionais de atención nunha única estrutura orientada á calidade do servizo.

POLÍTICA DE CALIDADE

Certificados ISO 9001:2008
Os resultados obtidos das enquisas a clientes revelan un alto nivel de satisfacción das familias dos usuarios dos nosos servizos, así como dos clientes externos e provedores. Estes resultados son a consecuencia directo do traballo realizado polos equipos directivos e o persoal da nosa Rede de Centros e Servizos na súa actividade diaria.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas
Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar