Escola de Familias- Encontros coas Familias
Lugar de formación e participación nos procesos de atención ás persoas con TEA para os membros do grupo familiar
A Escola de Familias da Fundación Menela é un espazo de información, formación e reflexión dirixido a nais e pais de persoas con TEA usuarias dos servizos da nosa entidade. Dende a experiencia diaria ponse de manifesto a necesidade de formación das nosas familias, da asunción da diversidade funcional, dun punto de encontro e o sentirse acompañadas no proceso evolutivo dos seus fillos.
O noso obxectivo e contribuír a mellorar a calidade de vida mediante a formación, información e comprensión dos TEA.
ENCONTROS CON FAMILIAS é un programas de carácter preventivo promovido pola Escola de Familias da Fundación Menela. Está dirixido a familias de persoas con Autismo, e está deseñado para contribuir á modificación de condutas e á adquisición de pautas saudables de dinámica familiar a través dun recurso de apoio orientado a desenvolver axeitadamente as súas funcións educativas e socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social;
A súa metodoloxía está deseñada para poder ser adaptada e aplicada ao perfil dos participantes, baixo a dirección de profesionais especializados. O modelo de intervención promove estratexias de cambio cognitivo-conductual, cunha metodoloxía grupal, dinámica, global, aberta e creativa, co fin de conseguir un clima propicio para a comunicación e interacción entre os membros do grupo formativo.