Actividade
Estamos presentes ao longo de toda a vida da persoa con TEA, desenvolvendo actividades que van desde o diagnóstico e a atención temperá dos primeiro anos ata a idade adulta e a chegada do envellecemento.
A nosa visión integrada pon o foco na persoa e na familia, e basea a súa intervención na innovación e no coñecemento como chave para acadar un modelo eficiente de servizo, próximo e sostible.
As principais áreas de actividade da Fundación Menela son:
- Promoción da Autonomía
- Habilitación Psicosocial
- Educación
- Apoio a Familias
- Formación e Consultaría
- Comunicación e Difusión do Coñecemento
Memorias de actividades de Fundación Menela
A Memoria de Actividades de Fundación Menela é o documento que recolle as accións desenvolvidas anualmente pola entidade, inspiradas nos principios de servizo, transparencia, e paixón polo saber que rexen as decisión do seu Padroado.
Nesta páxina, na que é posible acceder ás Memorias publicadas nos últimos anos, recóllense os obxectivos e as metas acadadas por cada servizo da Rede durante o ano, así como as actividades institucionais e de promoción e visualización dos TEA que se desenvolveron no marco de actuacións da Fundación Menela.