Promoción de habilidades laborais
Creando oportunidades para mellorar a Calidade de Vida das persoas adultas con TEA
Un dos aspectos fundamentais que inflúen na Calidade de Vida das persoas con TEA ao chegar a vida adulta é a posibilidade de formarse e adquirir habilidades sociolaborais para aceder a un emprego, gozando dos apoios individualizados que necesiten para elo.
A heteroxeneidade nas capacidades e intereses que presentan as persoas con TEA ofrecen enormes oportunidades para promover a súa formación e inclusión sociolaboral. Fundación Menela defende que as persoas con TEA poden e deben traballar, xa que do traballo depende, en gran medida, o seu dereito a formar parte activa da sociedade.
Dende o servizo de promoción de habilidades sociolaborais traballamos para incrementar a concienciación do texido empresarial e da sociedade en xeral sobre as capacidades das persoas con TEA, desenvolver programas formativos centrados en habilidades sociais e laborais, e em xerar recursos e ferramentas de traballo.