Apoio Psicolóxico na Atención a Saúde de persoas adultas con TEA

En 2024 o programa “Apoio psicolóxico na atención a saúde de persoas adultas con TEA” diseñado para desenvolverse con persoas adultas con TEA do Centro de adultos Castro Navás, contou co apoio do Concello de Nigrán o que pertimiu acadar resultados satisfactorios trala súa execución en termos de contribución a unha atención sanitaria de calidade.

A organización do sistema sanitario actual, sen adaptacións específicas, fai que para moitas persoas con Autismo as dificultades nas vías de acceso, a organización dos procesos sanitarios, os longos tempos de espera, os ámbitos e persoas descoñecidas e os problemas específicos para a correcta exploración médica se constitúan como barreiras que impiden exercer o dereito a unha axeitada asistencia sanitaria.

“Apoio psicolóxico na atención médica a persoas adultas con TEA” supuxo un paso para romper esas barreiras dotando as persoas con Autismo do Centro Castro Navás dos apoios que precisan para acceder a o sistema sanitario, e promovendo a formación de profesionais sanitarios da área de influencia implicados no seu cuidado e tratamento, tanto nas características xerais como individuais dos pacientes con TEA.

O programa permitiu adaptar a prestación de servizos as necesidades das persoas con TEA e as súas familias, ao dotar ao centros de saúde e aos seus profesionais de estratexias e material de apoio nas consultas, así como eliminar barreiras de comunicación mediante a colocación de Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación. 

Respecto as persoas con TEA, o programa de desensibilización facilitarou solucións que permiten que, con carácter previo á atención sanitaria, poidan ter a posibilidade de anticipar, coñecer e visualizar como van ser os procesos (consultas, probas que se van desenvolver durante estas...). Con esta medida aumentou a súa seguridade e disminuiron os seus posibles problemas de ansiedade ou de conduta.

 

Nigrán, 17 de xaneiro de 2025

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.