PROCESOS DE ELABORACIÓN DE CHOCOLATE: MAESTRO CHOCOLATERO

UNO A UNO PROGRAMA DE INCLUSION SOCIAL (PIN) 2025-2026

 

 

Fundación ONCE, con data 11 de decembro de 2025, outorga unha axuda de 36.000 euros á Fundación MENELA para a execución do programa “Procesos de elaboración de chocolate: MAESTRO CHOCOLATERO” presentado na convocatoria de axudas económicas para a selección de operación para o reforzo da empregabilidade para persoas con discapacidade “Uno a Uno” – año 2025-2026, no marco do Programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza 2021-2027 (PIN).

O programa, cun total de 372 horas, permite unha formación específica dual, achegando a oito persoas adultas coa condición do Espectro do Autismo aprender a traballar o chocolate e poder realizar as creacións propias, ademáis de fomentar as habilidades socio-comunicativas e linguísticas espontaneas e funcionáis, habilidades para a autonomía persoal, competencias e habilidades prelaborais e laboráis necesarias para acceder e participar de forma activa en situacións e actividades sociais e laboráis.

A operación enmarcarse no Obxectivo Específico do FSE+ establecidos no artigo 4 do Regulamento (UE) 2021/1057, que se sinala a continuación para FSE+ de Inclusión Social 2021- 2027: Obxectivo Específico h) Fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular dos grupos desfavorecidos.

 

   

Febreiro 2026. Fundación Menela

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.