PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2019
O Concello de Vigo colabora coa Fundación Menela financiando o proxecto “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo” no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2019.
Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 4.909,98 euros, para a contratación de persoal no marco do proxecto “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, o cal ten a finalidade de contribuír á mellora da calidade de vida do colectivo.
Fundación Menela contará entre os meses xullo e setembro cun Oficial 1ª Administrativo, perfil profesional que traballará no deseño de proxectos de captación de fondos, facilitando información, orientación e asesoramento as persoas con TEA e as súas familias.
Fundación Menela Ι 1 de Xullo de 2019
PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2018
O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2018, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Autismo (TEA)”.
Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 9.257,07 euros, para a contratación de persoal, que permite desenvolver este proxecto, da cal a finalidade é a de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.
Fundación Menela conta cun Oficial 1ª Administrativo e un Oficial 1º de oficios, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas de actuación, traballan no deseño de proxectos de captación de fondos, información a familias, apoio administrativo, e mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna máis saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.
PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2017
O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2017, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”
Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 11.494,16 euros, para a contratación de persoal, o que permitiu desenvolver “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, un proxecto que ten a finalidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.
Fundación Menela contou cun Técnico de Xestión Administrativa e un Oficial 1º de Carpintaría, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas de actuación, traballaron no deseño de proxectos de captación de fondos e información a familias, e mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna mais saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.
Fundación Menela | 10 de xullo de 2017
PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2016
O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2016, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”
Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 17.684,49 euros, para a contratación de persoal, o que permitiu desenvolver “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, un proxecto que ten a finalidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.
Durante un periodo de tres meses, Fundación Menela contou cunha Diplomada en Traballo Social, un Monitor Deportivo, unha Coidadora de persoas con TEA e un Peón de Mantemento, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas, traballaron na información, orientación e asesoramento a persoas con TEA e familiares; deseño de proxectos de captación de fondos; mellora das capacidades físicas e motoras das persoas con TEA; mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna mais saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.