loading

Ética

Promover a calidade de vida das persoas, particularmente das persoas con discapacidade, significa primar o seu benestar e a súa capacidade de relación e comunicación cos demais, sabendo tratar cada un segundo o seu nivel, segundo a súa adquisición de destrezas, habilidades e coñecementos significativos. Procurara calidade de vida en TEA significa proporcionar os medios para que a persoa medre e desenvolva as súas capacidades. É unha tarefa centrada na persoa, non nos intereses profesionais ou institucionais, por moi lexítimos que poidan presentarse.

Na Fundación Menela traballamos a prol do recoñecemento das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo como suxeitos de dignidade, co referente nos principios e obrigas xerais establecidas na Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da Organización de Nacións Unidas (ONU). Con ese fin, os profesionais da Rede Menela nos dotamos dun Código Ético, en cuxa elaboración participaron directamente todos os profesionais que traballan nos seus Centros.

Principios Esenciais

Os principios esenciais que marcan o conxunto de normas que se recollen no Código Ético da Rede Menela son:
Servizo e orientación cara a persoa con TEA e as súas familias.
Excelencia como obxectivo final do noso traballo.
Confianza e Credibilidade na prestación dos servizos
Responsabilidade cos nosos actos.
Integridade na toma de decisións e nas actuacións.
Compromiso coa misión
Transparencia na transmisión de información á sociedade
Eficiencia na xestión dos recursos públicos e privados dos que dispoñemos.
Participación de todos os niveis da organización nos fins comúns.

Código de Ética

O código de ética fai públicas e expresa as normas e principios as que debe axustarse a con-duta moral dos membros ou equipos da entidade, aínda que o seu alcance vai mais alá de ser guía para a acción moral. Mediante a súa aprobación e publicación, a entidade declara a súa intención de cumprir coa sociedade, de servir con lealdade y dilixencia aos seus usuarios e de respectarse a si mesma.

DESCARGAR ARCHIVO

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.