loading

Fundación Tutelar “Camiño do Miño”

Camiño do Miño

A Fundación Tutelar “Camiño do Miño” nace por un acordo do Padroado da Fundación Menela de 25 novembro de 2006. A nova entidade foi constituída en escritura pública o día 29 de marzo de 2007. Actualmente, o padroado está constituído polas seguintes persoas: 

 

Presidenta

Dª Isabel González Quiroga

 

Secretario

Dª Isabel González Quiroga

 

Vogal

D. José Manuel Varela Rodríguez

 

Vogal

D. Luís Angel Fernández Barrio

A Fundación Tutelar “Camiño do Miño” está clasificada como Fundación de Interese Social por Orde da Xunta de Galicia de 5 de xuño de 2007 e declarada de Interese Galego por Orde de 14 de agosto de 2007.

O día 14 de novembro de 2008 foi presentada á sociedade viguesa nun acto celebrado no edifico CAMI da Fundación Menela.

A Fundación Tutelar nace coa misión de “Proporcionar protección e garantía efectiva dos dereitos dos seus tutelados para acadar a súa integración plena na sociedade e a súa óptima calidade de vida, promovendo a pluralidade e o respecto á diferenza”.

SERVIZOS QUE PRESTA

A Fundación Tutelar “Camiño do Miño” presta os seguintes servizos:
Asesoramento a familiares de persoas adultas con Trastorno do Espectro Autista e calquera outro tipo de discapacidade, gran dependencia ou dependencia severa, así como a outras persoas e institucións lexitimamente interesadas que soliciten os seus servizos, en procesos referidos á declaración xudicial de incapacidade.
Orientación e supervisión, no seu caso, das accións realizadas polos titores, curadores e demais gardadores dos/as beneficiarios/as da Fundación.
Proposta ós Tribunais competentes de persoas que poidan exercer os cargos de titores,curadores e outras figuras de garda, para a protección e coidado dos/as beneficiarios da Fundación, previa aceptación das mesmas.
Exercicio directo da Tutela, Curatela e outras figuras de garda previstas nas leis, das persoas maiores de idade incapacitadas xudicialmente e con graves niveis de dependencia residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, cando non sexa posible encomendar tales cargos a familiares ou a outras persoas físicas.
A administración económica dos bens dos seus tutelados así como das doazóns ou legados dos que sexan beneficiarios, nos termos sinalados no punto anterior.
Calquera outro que redunde a favor dos/as beneficiarios/as da fundación e non sexa incompatible coa legalidade ou cos seus estatutos.

ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN TUTELAR

Información, orientación, asesoramento e asistencia sobre a incapacitación legal e institucións de protección xurídica
Exercicio efectivo da tutela de persoas con TEA
Asistencia na xestión e tramitación, no seu caso, dos xuízos e expedientes de in-capacitación e tutela.
Edición de publicacións ou soportes audiovisuais de carácter informativo sobre aspectos xerais referidos ó Trastorno do Espectro Autista e a Dependencia
Colaboración e participación con entidades afíns de ámbito da discapacidades: Federacións, Asociacións ou grupos de traballo
Organización de conferencias, encontros, congresos, etc.sobre tales aspectos.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.