loading

Empresa Castro Navás SL

Castro Navás S.L.

Como resultado dos Proxectos Europeos Horizon II e III nace, en 1998, CASTRO NAVÁS SL., sociedade dependente da Fundación Menela. O obxecto social da empresa é dar resposta á falta de recursos existentes no ámbito laboral para persoas con discapacidade e ofrecer un servizo á comunidade na que se asenta, promovendo actividades económicas nas que as persoas con e sen TEA compartan equipos de traballo e responsabilidades. Na súa traxectoria, a empresa Castro Navás SL foi dirixindo a súa actividade cara distintas áreas comerciais, como a agropecuaria, produción de artigos de agasallo, elaboración de conservas e marmeladas, lavandería industrial e a prestación de servizos de fisioterapia.

Coa súa creación Castro Navás defende unha Estratexia de Inclusión Laboral baseada no emprego ordinario nun contorno laboral favorable, onde as persoas con e sen discapacidade se apoian mutuamente implicándose de igual xeito no éxito do proxecto. A empresa Castro Navás SL actúa nas seguintes áreas:

ÁREA LAVANDERÍA INDUSTRIAL

As actividades de lavandería abranguen o lavado, secado, pasado de ferro e empaquetado de roupa para os centros da Fundación e outros clientes do sector hoteleiro, restauración e servizos sanitarios. Da recollida e entrega do material encárgase o Servizo de Reparto do cen-tro. En 2006 fíxose unha ampliación e incorporáronse novas máquinas.

ÁREA DE ELABORACIÓN DE PRODUTOS PARA AGASALLO

Inclúe velas e xabóns, que se elaboran con produtos naturais e plantas do centro que teñen propiedades medicinais; papel reciclado, empregamos o papel procedente dos diferentes centros da Fundación para confeccionar as caixas para a embalaxe de marmeladas, velas e xabóns, e facer invitacións para diferentes acontecementos, e tear, onde a partir dos pom-póns realízanse os bonecos. Neste obradoiro tamén se elaboraron obxectos tecidos con lá como bolsos, revisteiros e tapices, e se fixeron encadernacións de axendas e albumes.

ÁREA AGROPECUARIA

A horta conta con dous invernadoiros nos que se cultivan verduras de temporada, cultivos de outono - inverno: breco, coliflor, repolo, coles, leituga e herbilla, e cultivos de primaveira - verán: pementos de e tomates. A xardinería ten por obxecto o mantemento do recinto do centro, cortar o céspede, a poda de árbores e a limpeza e mantemento dos espazos exteriores, son as actividades centrais. A area agropecuaria abrangue actividades de horto fruticultura biolóxica, xardinería e coidado de animais, dispondo dunha zona exterior onde se cultivan plantas medicinais.

ÁREA LAVANDERÍA INDUSTRIAL

As actividades de lavandería abranguen o lavado, secado, pasado de ferro e empaquetado de roupa para os centros da Fundación e outros clientes do sector hoteleiro, restauración e servizos sanitarios. Da recollida e entrega do material encárgase o Servizo de Reparto do cen-tro. En 2006 fíxose unha ampliación e incorporáronse novas máquinas.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.