POISES PSICOSOCIAL - Ano 2021-2022

Reforzo da empregabilidade de persoas con Autismo e discapacidade psicosocial gracias ao programa de formación para o emprego da Fundación ONCE

A formación e o emprego son dous aspectos cruciais para a calidade de vida das persoas, con ou sen discapacidade. Os programas de formación para o emprego teñen gran importancia neste constructo xa que achegan ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) aos fitos propios da idade adulta como son, entre outros, o acceso a unha educación permanente e acceso ao emprego, permitindo o seu desenvolvemento persoal e plan de vida.

“Formación para o emprego: operacións básicas de cociña” estivo directamente vinculado á mellora da empregabilidade de catro persoas adultas con TEA e discapacidade psicosocial, facilitando os apoios necesarios para explorar o talento, potenciar coñecementos, capacidades e habilidades para acceder a un posto de traballo, e reforar estratexias interpersoais. Todo, coa finalizade de capacitalos como suxeitos activos da súa propia vida, fomentando o seu empoderamento en todo momento, e contando coa familia como axente de crecemento.

Os contidos impartidos na acción formativa que tivo unha duración de 400 horas, 280 horas de intervención grupal e 120 horas de intervención individual, recolleron unha orientación e asesoramento integral desde un enfoque centrado na persoa, relacionándose sempre cunha aprendizaxe funcional, eminentemente práctica e en contornas reais. A súa execución permitiu resultados positivos respecto a a calidade de vida de cada un dos catro beneficiarios do mesmo.

 

Esta axuda económica está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES) 2014-2020, en concreto, có Obxectivo Temático 9, Prioridade de Intersión 9.1, Obxectivo Específico 9.1.2, relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación o risco de exclusión social. 

 

    

 

12 de agosto de 2022 Ι Fundación Menela

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.