loading

 

Transparencia

Fundación Menela traballa firmemente para asegurar o bo funcionamento organizativo mediante un estrito control de xestión en toda a institución e para poñer disposición de todos os nosos grupos de interese a información da entidade que sexa fiable, contrastada, sistematizada e actualizada e que sexa reflexo do resultado das nosas actuacións. Neste páxina web os interesados teñen acceso á documentación e información más relevante respecto ás nosas actividades e ao destino que damos aos fondos que recibimos.

En política de transparencia, a Fundación Menela réxese polos seguintes principios:

  • Dará a coñecer á sociedade os seus fins, actividades e os beneficiarios da súa actuación.
  • Igualmente fará públicos os seus Estatutos así como la composición dos órganos de goberno e equipos directivos.
  • Someterá as súas contas a unha auditoría externa, sen prexuízo do cumprimento das súas obrigas legais.
  • Informará sobre as súas contas anuais e memoria de actividades así como sobre calquera outra información relevante.
  • Informará sobre os proxectos que desenvolve e sobre o colectivo de beneficiarios atendidos.
  • Fará públicas as súas actividades difundindo a información a que se refiren os apartados anteriores. A través da páxina web a sociedade en xeral terá acceso á documentación e información más relevante respecto a nosa actividade.

 

Memorias de información económica

Voltar

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.