CREANDO OPORTUNIDADES. FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO
Iniciativa para a mellora da calidade de vida das persoas con TEA no ámbito rural de Pontevedra
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou, na sesión ordinaria de 14 de novembro de 2025, en relación ás subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuación no ámbito social en 2025, concederlle á entidade FUNDACION MENELA co G36685964 unha subvención por importe de 5.696,14 € para a execución do proxecto “CREANDO OPORTUNIDADES”
O rural galego, e en particular o da provincia de Pontevedra, presenta importantes dificultades para as persoas con TEA: diagnóstico tardío derivado da falta de información, illamento xeográfico e tecnolóxico, actitudes culturais pouco abertas á diversidade e escaseza de servizos especializados, concentrados maioritariamente en municipios urbanos.
CREANDO OPORTUNIDADES mellorou a calidade de vida de 30 persoas menores e mozas con autismo residentes en concellos rurais da provincia de Pontevedra. O proxecto incidiu no avance das condicións que afectan na calidade vida das persoas con TEA mediante un enfoque integral e humanizador no que incluiu accións de sensibilización, mellora do coñecemento sobre o autismo, impulso da inclusión social e laboral e achegamento de recursos especializados. Creando Oportunidades puxo o foco na persoa con autismo como persoa beneficiaria directa pero sen esquecer ás familias que exercen un rol determinante no desenvolvemento das persoas con autismo
CREANDO OPORTUNIDADES có apoio da Deputación de Pontevedra, contribuíu a favorecer o desenvolvemento dunha sociedade máis cohesionada e inclusiva gracias ao impulso de iniciativas dirixidas a persoas con TEA que favorecen a inclusión social, a promoción da igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida dos concellos rurais

03 de decembro de 2025 Ι Fundación Menela