ATENCIÓN XINECOLÓXICA A MULLERES CON TEA

Pictograma: ARASAAC

As mulleres con Trastorno do Espectro do Autismo e Necesidades de Apoio Significativas (alta severidade do trastorno, discapacidade intelectual e trastornos da linguaxe asociados) non acceden regularmente aos controis xinecolóxicos habituais. As dificultades asociadas á condición de ser muller e Autista con NA, súmase a ausencia de apoios axustados na contorna sanitaria, as particularidades sensoriais desta, e a aprendizaxe previa, aspectos que poden dificultar as posibilidades de acceso a unha atención xinecolóxica axeitada, có risco de que enfermidades xinecolóxicas non de detecten a tempo ou non reciban o tratamento axeitado.

O Programa de Atención Xinecolóxica dirixido a mulleres con TEA con necesidades de apoio significativas do Centro de adultos Castro Navás, do que é titular Fundación Menela, contou para a súa implantación có apoio do Concello de Nigrán e a colaboración do Centro de Saúde Val Miñor. O programa abordou estas dificultades desde un enfoque integral, facilitando información accesible e comprensible para as mulleres Autistas, aos seus familiares (nais e pais), aos seus profesionais de apoio, capacitando aos profesionais da saúde, e adaptando a contorna médica para ser máis amigable sensorialmente.

O impacto do programa é realmente positivo. A cooperación entre todos os profesionais implicados, o mellora. Valórase como un práctica necesaria que promove un estado de saúde óptimo nas mulleres autistas, e axuda a previr a aparición de problemas médicos xinecolóxicos, contribuíndo a Calidade de Vida.

 

   

Nigrán, 3 de decembro de 2025

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.