loading

Aviso Legal e Política de Protección de Datos (2)

 

PROTECCIÓN DE DATOS - AVISO LEGAL - CONDICIÓNS DE USO.

 

PROTECCIÓN DE DATOS

NORMAS BÁSICAS DE FUNDACIÓN  MENELA:

A túa privacidade é importante para Fundación Menela. Nesta declaración de privacidade explícoche que datos persoais recompilamos e como os utilizamos. Animámosche a ler detidamente a mesma.

Dado que estamos totalmente en contra do spam e da publicidade non solicitada, obviamos pedirche datos con fins comerciais e só no caso de que sexas demandante de emprego, nos envíes un email ou nos chames, contactaremos contigo.

Máxima transparencia na información, por ese motivo informámosche sobre como tratamos os datos.

Non compartimos datos con terceiros, os teus datos están a salvo, só serán comunicados a terceiros cando exista unha obrigación baseada nunha normativa ou sexa imprescindible para poder ofrecerche o servizo que nos solicites. Diso informámosche no punto “Destinatarios”.

Cumprimento legal, FUNDACIÓN MENELA está adecuada ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD), ás esixencias do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, sobre Medidas de Seguridade, á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e á Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico ( LSSICE ou LSSI).

 

1. OBXECTO.

O presente documento ten por obxecto establecer as Condicións Xerais de Uso deste sitio ou Páxina web, en diante “Sitio web”.

Fundación Menela (en diante, FUNDACIÓN MENELA) resérvase o dereito para modificar as presentes Condicións Xerais de Uso co obxecto de adecualas á lexislación vixente aplicable en cada momento, as novidades xurisprudenciais e as prácticas habituais de mercado. Así mesmo, FUNDACIÓN MENELA se reserva a facultade de realizar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo/previo aviso, calquera modificación ou actualización dos seus contidos e servizos; das presentes Condicións Xerais de Uso e, en xeral, de cantos elementos integran o deseño e configuración do Sitio web.

As presentes Condicións Xerais de Uso non exclúen a posibilidade de que determinados servizos do Sitio web, polas súas características particulares, sexan sometidos, ademais de ás Condicións Xerais de Uso, ás súas propias condicións particulares de uso (en diante, as “Condicións Particulares”).

A utilización por parte do Usuario de calquera dos servizos do Sitio web supón e expresa a súa adhesión e aceptación expresa a todas as Condicións Xerais de Uso na versión publicada na presente páxina web no momento en que o Usuario acceda ao Sitio web, así como ás Condicións Particulares que, no seu caso, sexan de aplicación.

 

2. TITULARIDADE DO SITIO WEB.

Este Sitio web e a marca FUNDACIÓN MENELA son titularidade de MAIS PRIVACIDADE EUROPA S.L., con domicilio social en Marqués de Alcedo nº 19, 36.203 - Vigo (Pontevedra) CIF: G-36.685.964. Fundación Menela é unha fundación de carácter estatal.

Para calquera información adicional, pode poñerse en contacto na seguinte dirección; Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Ao acceder e utilizar o Sitio web de FUNDACIÓN MENELA estará a aceptar esta política sen ningún tipo de limitación ou reserva. O seu acceso a este Sitio web de FUNDACIÓN MENELA está, por conseguinte, subordinado a esta política, así como toda a lexislación aplicable á que se fai referencia neste apartado así como no Aviso Legal.

 

3. PROTECCIÓN DE DATOS.

Ao acceder e utilizar o Sitio web de FUNDACIÓN MENELA estará a aceptar e consentindo de forma expresa o tratamento dos seus datos con respecto a esta política aínda que o fai de forma revogable e sen efectos retroactivos. O seu acceso a este Sitio web de FUNDACIÓN MENELA está, por conseguinte, subordinado a esta política, así como toda a lexislación aplicable á que se fai referencia neste apartado así como no Aviso Legal.

O Usuario declara e garante ser maior de idade, en caso de poñerse en contacto con FUNDACIÓN MENELA, os datos persoais facilitados son veraces e correspóndense coa súa situación real, que está posta ao día, é exacta e quedando obrigado a comunicar calquera modificación dos mesmos.

No caso de que o Usuario facilite datos dun terceiro, por exemplo para informar a un coñecido da publicación dun anuncio, para recomendarlle o sitio web ou un artigo publicado no mesmo, infórmaselle que será responsable de obter o consentimento da persoa e dos datos da mesma que facilite a FUNDACIÓN MENELA.

Para acceder á información contida no sitio web e facer uso dos produtos e/ou servizos ofrecidos, os menores de idade (14 anos) deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais, os cales serán considerados como responsables dos actos que leven a cabo os menores ao seu cargo, conforme á normativa vixente.

 

Información do tratamento

Segundo o disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE, do 27 de abril de 2016, o usuario debe recibir información puntual e concreta do responsable do tratamento e os usos e fins do mesmo.

Para iso, indícase a seguinte información: 

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

¿Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: Fundación Menela

CIF: G-36.685.964

Dirección: Marqués de Alcedo  nº 19, 36.203 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono de contacto: 986 423 433

Email de contacto Delegado Protección de Datos: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

FINALIDADE DO TRATAMENTO DOS DATOS.

¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

A través do sitio web non se recollen datos persoais, excepto a demandantes de emprego. 

Non obstante, informámoslles sobre o tratamento dos seus datos persoais, no caso de que nos envíe información a través do seu email ou teléfono. 

  • Atención consultas ou solicitudes, no caso de que contacte connosco recollemos e tratamos os seus datos de contacto, para responder as súas consultas e solicitudes, o que inclúe o envío de comunicacións electrónicas en resposta á súa solicitude.
  • Traballa en Menela, o tratamento dos seus datos se fará coa finalidade de xestionar a súa candidatura.
  • BLOGUE trataremos a información facilitada por vostede coa finalidade de contestar os seus comentarios, moderalos e publicalos.

Con carácter xeneral, FUNDACION MENELA, non utilizará os datos recibidos para ningunha finalidade que non sexa atender á súa solicitude, prestarlle unha atención personalizada ou enviarlle información, en caso de solicitala.

 

¿Como recollemos os seus datos?

Sempre recollemos os seus datos mediante o seu consentimento expreso e pode ser a través de diferentes modos, como:

  • Canto vostede contacta directamente con FUNDACION  MENELA, a través de email, co motivo de solicitar información sobre os nosos servizos.
  • Canto vostede contacta directamente con FUNDACION  MENELA, a través de atención telefónica, co motivo de solicitar información sobre os nosos sevizos.
  • Cando vostede envía o seu CV a través do formulario dispoñible no sitio web.
  • Cando vostede envía o seu comentario a través do blogue.

 

¿Que información podemos obter sobre vostede?

A través das distintas comunicacións que nos envíe, podemos obter os seguintes tipos de datos acerca de vostede:

  • Datos identificativos e de contacto: nome, dirección, teléfono, email.
  • Datos de identificación empresarial: razón social, CIF/NIF, dirección, email, teléfono.
  • Preferencias: información que vostede nos facilite acerca das súas preferencias respecto ao servizo no que está interesado.
  • Datos académicos.
  • Datos profesionais.

Agradeceriámoslle que nos axudase a manter actualizados os seus datos persoais informándonos de calquera cambio nos seus datos de contacto ou nas súas preferencias.

 

CONSERVACIÓN

¿Canto tempo conservaremos os seus datos?

Os prazos de conservación de datos están baseados en función dos nosos servizos, polo que en relación con aqueles datos persoais que xa non sexan necesarios, quedará bloqueado o acceso aos mesmos, o que implica que estarán dispoñibles tan só a solicitude de Xuíces e Tribunais, ou Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes durante os prazos de prescrición legal, para atender a posibles consultas ou reclamacións posteriores. Finalizado o prazo legal, destruiranse de forma segura.

  • Solicitude de información: polo que respecta ao uso da súa información con fins de dar resposta as súas consultas ou solicitudes enviadas por email,  conservaremos esa información para dito propósito durante os tres (3) anos seguintes á data na que obtivemos por última vez a súa autorización, coa finalidade de recuperar a mesma no caso de que posteriormente a data inicial da recollida dos datos, solicite de novo información ou mentres non se opoña á conservación dos mesmos.
  • Traballa en Menela: os datos con fins de xestión curricular, se conservarán durante tres (3) anos.
  • Blogue: os datos permanecerán publicados mentres vostede non se opoña.

 

LEGXITIMACIÓN

¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

6.1.a) O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais.

6.1 b) O tratamento é necesario para a atención dunha relación no que o interesado é parte ou para a aplicación da petición de este de medidas  precontractuais.

 

DESTINATARIOS

¿A que destinatarios se cederán datos?

Para informarlle sobre os nosos servizos non é necesario ceder datos a terceiros.

 

TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS COS SEUS DATOS

Lle informamos que os seus datos non se comunicarán a entidades fora do Espazo Económico Europeo.

 

DEREITOS.

¿Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

  • As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
  • En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  • En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. Fundación Menela deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
  • Dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos) se considera que o tratamento non se axusta ao  RGPD, cuxa información se atopa neste  link: http://www.agpd.es.
  • Dereito á  portabilidade dos seus datos persoais (cando fosen recollidos por medios automatizados).
  • A solicitude debe remitirse por escrito a Fundación  Menela, Departamento de Protección de Datos, na dirección Marqués de  Alcedo   nº 19, 36.203 - Vigo (Pontevedra) ou por email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., con referencia “Protección de Datos”.
  • Para exercer os dereitos, debe verificar a súa identidade mediante o envío do seu DNI ou outro documento acreditativo legal como o pasaporte.

 

Seguridade

Fundación  Menela comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo, deber de gardalos e adoptar as medidas de índole técnico e organizativo necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perdida, tratamento ou acceso non autorizado.

Aínda que nas transmisións de datos a través de internet ou desde unha web non é posible garantir unha protección absoluta contra intrusións, tanto nós como os nosos subcontratistas e socios de negocio dedicamos os máximos esforzos para manter as medidas de protección física, electrónica e procedimental coas cales garantir a protección dos seus datos de acordo coas esixencias legais aplicables nesta materia. Entre as medidas que utilizamos inclúense as seguintes:

  • Limitar o acceso aos seus datos únicamente a aquelas persoas que deban coñecelos en atención ás tarefas que realizan;
  • Como regra xeral transferir en formato cifrado os datos recollidos ;
  • Almacenar os datos máis sensibles (como os de tarxeta de crédito) só en formato cifrado;
  • Instalar sistemas de protección perimetral das infraestruturas informáticas (“firewalls”) para impedir accesos non autorizados, por exemplo “hackers”, e
  • Monitorizar habitualmente os accesos aos sistemas informáticos para detectar e deter calquera uso indebido dos datos de carácter persoal.

 

CONDICIÓNS DE USO

 

4. CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN DO SITIO WEB.

 

4.1. Usuarios.

O acceso e/ou uso ao sitio web do FUNDACIÓN MENELA atribúe a condición de “Usuario”, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Particulares que no seu caso resulten de obrigado cumprimento cando se adquira o produto ou servizo solicitado.

 

4.2. Acceso ao Sitio Web.

Para acceder aos contidos e servizos do Sitio web non é necesario rexistrarse.

O simple acceso ao Sitio web é gratuíto salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións fornecida polo provedor de acceso contratado polo Usuario.

 

4.3. Obrigacións do Usuario.

O Usuario recoñece e acepta que o uso dos contidos e/ou servizos ofrecidos por FUNDACIÓN MENELA será baixo o seu exclusivo risco e/ou responsabilidade.

Con carácter xeral o Usuario obrígase ao cumprimento das presentes Condicións Xerais de Uso, no seu caso as Condicións Particulares que fosen de aplicación, así como cumprir as especiais advertencias ou instrucións de uso contidas nas mesmas ou no Sitio web e obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza, absténdose de utilizar o Sitio web de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o normal funcionamento do mesmo, os bens ou dereitos do FUNDACIÓN MENELA, os seus provedores, o resto de Usuarios ou en xeral de calquera terceiro.

Concretamente, e sen que iso implique restrición algunha á obrigación asumida polo Usuario con carácter xeral de conformidade cos apartados anteriores, o Usuario obrígase, na utilización do Sitio web, así como na prestación dos servizos a:

  • No caso de establecer relación con FUNDACIÓN MENELA, o Usuario se obriga a proporcionar verazmente os datos proporcionados e a mantelos actualizados.
  • Non introducir, almacenar ou difundir no ou dende o Sitio Web, calquera información ou material que sexa difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as libertas públicas, a honra, a intimidade ou a imaxe de terceiros e en xeral a normativa vixente.
  • Non introducir, almacenar ou difundir mediante o Sitio web ningún programa de computador, datos, virus, código, equipo de hardware ou de telecomunicacións ou calquera outro instrumento ou dispositivo electrónico ou físico que sexa susceptible de causar danos no Sitio web, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes de FUNDACIÓN MENELA, de calquera Usuario, dos provedores de FUNDACIÓN MENELA ou en xeral de calquera terceiro, ou que de calquera outra forma sexa capaz de causarlles calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento dos mesmos.
  • Non realizar actividades publicitarias, promocionais ou de explotación comercial a través do Sitio web, non utilizando os contidos e en particular a información obtida a través do sitio web para remitir publicidade, enviar mensaxes con fins de venda directa ou con calquera outro fin comercial, nin para recoller ou almacenar datos persoais de terceiros.
  • Non difundir, transmitir ou poñer ao dispor de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que constitúa publicidade ilícita ou desleal.
  • Non transmitir publicidade non solicitada ou autorizada, material publicitario, “correo lixo”, “cartas en cadea”, “estruturas piramidais”, ou calquera outra forma de solicitación, excepto naquelas áreas (tales como espazos comerciais) que fosen exclusivamente concebidas para iso.
  • Non introducir ou difundir calquera información e contidos falsos, ambiguos ou inexactos de forma que induza a erro aos receptores da información.
  • Non utilizar identidades falsas, nin suplantar a identidade doutros na utilización do Sitio web ou na utilización de calquera dos servizos do Sitio web, incluíndo a utilización no seu caso de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma.
  • Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos de FUNDACIÓN MENELA, os seus provedores ou terceiros.
  • Non introducir, almacenar ou difundir mediante o Sitio web calquera contido que infrinxa dereitos de propiedade intelectual, industrial ou segredos empresariais de terceiros, nin en xeral ningún contido do cal non ostentase, de conformidade coa lei, o dereito para poñelo ao dispor de terceiro.
  • Non difundir, transmitir ou poñer ao dispor de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que supoña unha violación do secreto das comunicacións e a lexislación de datos de carácter persoal.

 

5. Propiedade intelectual e Industrial. Prohibición de hiperenlaces.

Estas conductas poderán dar lugar ao exercicio de cantas accións xudiciais ou extraxudiciais le puideran corresponder a FUNDACIÓN MENELA no exercicio dos seus dereitos e/ou os terceiros afectados.

Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio do Sitio web e os sitios web así como dos seus contidos (datos, textos, informacións, logos, imaxes, sons, vídeos, deseños, iconas, botóns, software, nomes comerciais, debuxos, gráficos, vínculos) pertencen, ben a FUNDACIÓN MENELA, ben a terceiros titulares que lle cederon os seus dereitos, polo que ningún Usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada. Queda, pois prohibida a modificación, descompilación ou a utilización comercial de calquera parte da mesma.

Tan só autorízase a utilización do Sitio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo o Usuario, o único responsable do mal uso dos mesmos.

Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados no sitio web, son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre os Usuarios e FUNDACIÓN MENELA.

En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos nin se confire ningún dereito nin expectativa de dereito, e en especial, de alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa de FUNDACIÓN MENELA ou dos terceiros titulares correspondentes. Non se poderá establecer ningún vínculo ao sitio web desde calquera outra web sen o previo e expreso consentimento de FUNDACIÓN MENELA e/ou dos terceiros afectados.

Estas condutas poderán dar lugar ao exercicio de cantas accións xudiciais ou extraxudiciais lle puidesen corresponder a FUNDACIÓN MENELA no exercicio dos seus dereitos e/ou os terceiros afectados.

 

6. Links.

No caso de atoparse con ligazóns ou hipervínculos a outros sitios web, FUNDACIÓN MENELA non ten ningunha influencia nin control sobre os contidos e deseño dos mesmos e, por tanto, non se fai responsable da actualización e/ou calidade da información proporcionada nos mesmos. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

 

7. Dispoñibilidade e Continuidade do Sitio Web.

FUNDACIÓN MENELA non garante o correcto funcionamento respecto á dispoñibilidade e continuidade do noso sitio web. En consecuencia, FUNDACIÓN MENELA queda eximida de calquera responsabilidade derivada do incorrecto funcionamento ou interrupcións do noso sitios web. O Usuario ten prohibido calquera tipo de acción sobre o noso sitio web que orixine unha excesiva sobrecarga de funcionamento aos nosos sistemas informáticos, así como a introdución de virus, ou instalación de robots, ou software que altere o normal funcionamento do noso sitio web. FUNDACIÓN MENELA non se fai responsable, cos límites establecidos na lexislación vixente, dos danos e prexuízos de calquera natureza que se puidesen ocasionar como consecuencia da indispoñibilidade, fallos de acceso e falta de continuidade do Sitio web.

 

8. Contidos e Servizos de FUNDACIÓN MENELA.

FUNDACIÓN MENELA responderá única e exclusivamente dos servizos que preste por si mesma e dos contidos directamente orixinados por FUNDACIÓN MENELA. Dita responsabilidade quedará excluída nos casos en que concorran causas de forza maior ou nos supostos en que a configuración dos equipos do Usuario non sexa a adecuada para permitir o correcto uso dos servizos da internet prestados por FUNDACIÓN MENELA. En calquera caso, a eventual responsabilidade de FUNDACIÓN MENELA fronte ao Usuario por todos os conceptos quedará limitada como máximo ao importe das cantidades percibidas directamente do Usuario por FUNDACIÓN MENELA, con exclusión en todo caso de responsabilidade por danos indirectos ou por lucro cesante.

 

9. Contidos e Servizos de terceiros.

No caso de facilitar contidos de terceiros, FUNDACIÓN MENELA non controla previamente, aproba nin fai propios os contidos, servizos, opinións, comunicacións datos, arquivos, produtos e calquera clase de información de terceiros, persoas xurídicas ou físicas, recollidos no Sitio web. De igual forma, non garante a licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos contidos, informacións e Servizos de terceiros no Sitio web.

FUNDACIÓN MENELA non controla con carácter previo e non garante a ausencia de virus e outros elementos nos contidos e servizos prestados por terceiros a través do Sitio web que poidan introducir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios.

FUNDACIÓN MENELA non será responsable, nin indirectamente nin subsidiariamente, dos danos e prexuízos de calquera natureza derivados da utilización e contratación dos contidos e dos servizos de terceiros no Sitio web así como da falta de licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos mesmos. Con carácter enunciativo, e en ningún caso limitativo, non será responsable polos danos e prexuízos de calquera natureza derivados de:

a) a infracción dos dereitos propiedade intelectual e industrial e o cumprimento defectuoso ou incumprimento dos compromisos contractuais adquiridos por terceiros;

b) a realización de actos de competencia desleal e publicidade ilícita;

c) a inadecuación e defraudación das expectativas dos servizos e contidos dos terceiros;

d) os vicios e defectos de toda clase dos servizos e contidos de terceiros prestados a través do Sitio web.

A exoneración de responsabilidade sinalada nos parágrafos anteriores será de aplicación no caso de que FUNDACIÓN MENELA non teña coñecemento efectivo de que a actividade ou a información almacenada é ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización, ou se a tivesen actúen con dilixencia para retirar os datos e contidos ou facer imposible o acceso a eles.

 

10. Contratación con terceiros a través do Sitio Web.

O Usuario recoñece e acepta que calquera relación contractual ou extracontractual que, no seu caso, formalice cos anunciantes ou terceiras persoas contactadas a través do Sitio web, así como a súa participación en concursos, promocións, compravenda de bens ou servizos, enténdense realizados única e exclusivamente entre o Usuario e o anunciante e/ou terceira persoa.

En consecuencia, o Usuario acepta que FUNDACIÓN MENELA, non ten ningún tipo de responsabilidade sobre os danos ou prexuízos de calquera natureza ocasionados con motivo das súas negociacións, conversacións e/ou relacións contractuais ou extracontractuais cos anunciantes ou terceiras persoas físicas ou xurídicas contactadas a través do Sitio web.

 

11. Duración e terminación.

A prestación dos servizos e/ou contidos do Sitio web ten unha duración indefinida. Sen prexuízo do anterior, FUNDACIÓN MENELA está facultada para dar por terminada, suspender ou interromper unilateralmente, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo/previo aviso, a prestación do servizo e do Sitio web e/ou de calquera dos servizos, sen prexuízo do que se dispuxo respecto diso nas correspondentes Condicións Particulares.

 

12. Comunicacións.

Para os efectos das presentes Condicións Xerais de Uso, e para calquera comunicación que sexa precisa entre FUNDACIÓN MENELA e o Usuario, este deberá dirixirse a FUNDACIÓN MENELA a través da conta de correo electrónico indicada no punto “Responsable do tratamento” e a través das canles legais habituais. O Usuario acepta expresamente para todas as comunicacións relacionadas coa utilización do Sitio web, a utilización do correo electrónico e dos datos persoais e de contacto que nos achegue como procedemento válido para a remisión das devanditas comunicacións.

 

13. Social Plugins

No caso de que FUNDACIÓN MENELA utilice os denominados Social Plugins de redes sociais tales como Facebook, Twitter, Linkedin, Google+, informámoslle: Os Social Plugins da nosa páxina web atópanse desactivados por defecto, é dicir, non se activan nin envían datos ás nosas redes sociais sen que o usuario da web os active. Por tanto para poder utilizar os Social Plugins ten que activalos pulsando neles. A finalidade e obxecto da recollida de datos das redes sociais, os seus dereitos e opcións dispoñibles para a protección dos seus datos persoais, descríbense nos avisos de protección de datos de cada unha destas redes sociais.

 

14. Lei Aplicable e Xurisdición

FUNDACIÓN MENELA fará uso das accións civís ou penais que por lei corresponda, ante calquera utilización indebida do seu dominio dos sitios web.

A relación entre FUNDACIÓN MENELA e o Usuario rexerase pola normativa española vixente e sométese aos xulgados e tribunais españois competentes para coñecer de calquera conflito relacionado coa mesma.

 

15. Comunicacións

No caso de que necesite ampliar información ou teña dúbidas sobre a Política de Privacidade e o Aviso Legal, poderá facelo dirixindo a súa solicitude a FUNDACION MENELA, Dpto. de Protección de Datos, Marqués de Alcedo nº 19, 36.203 - Vigo (Pontevedra) ou a través do email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.