UNO A UNO PROGRAMA DE INCLUSION SOCIAL (PIN) 2024-2025.
PROGRAMA ESTATAL FSE+ DE INCLUSIÓN SOCIAL, GARANTÍA INFANTIL Y LUCHA CONTRA LA POBREZA 2021-2027
APRENDER FACENDO
FORMACION PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO
ELABORACIÓN DE CONSERVAS VEXETAIS
O emprego é unos dos aspectos esenciais para garantir unha vida adulta plena e satisfactoria, supón un medio clave de inclusión social co que afrontar a vida con autonomía e independencia. As investigacións sinalan que as persoas adultas con TEA que dispoñen dun emprego teñen unha mellor percepción da súa calidade de vida que aquelas que non o teñen (Chiang e Wineman, 2014)
A través da operación “Aprender facendo: Formación para o emprego de persoas con autismo. Elaboración de Conservas Vexetais” conseguiuse que 6 persoas con TEA obtivesen unha capacitación profesional teórica e no posto de traballo; ofrecéndolles axustes personalizados que lles permitisen desempeñar correctamente as distintas funcións que lles habilita para desenvolverse persoal e profesionalmente
O proxecto formativo excutouse entre os meses de xaneiro e xuño de 2025, adicándolle un total de 350 horas, 200 horas de formación teórica e 150 horas de formación no posto de traballo nas instalacións do centro Castro Navás en Nigrán (Pontevedra)
Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE+ no marco do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027, en concreto co Obxectivo político 4: unha Europa mais social e integradora mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos. Obxectivo Específico h) relativo a fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos.
Xuño 2025 - Fundación Menela