loading

Centro de Formación

 

Centro de Formación

Espazo aberto de aprendizaxe profesional para o emprego

O Centro de Formación Menela  está inscrito no rexistro da Rede de Centros e Entidades de Formación para o emprego co número 36H01439 da Consellería de Traballo e Benestar. É un servizo acreditado e certificado na norma ISO 9001:2008.

Neste centro impártense, principalmente, cursos de formación para o emprego  nas especialidades de sanidade e servizos sociosanitarios. Organizamos e impartimos cursos para Administracións Públicas, fundamentalmente a  Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia,  e entidades privadas. Tamén contamos cun servizo de arrendamento de instalacións para outras entidades formativas. 

O equipo multidisciplinar de profesores está composto por profesionais expertos e altamente cualificados nas diferentes materias incluídas nos programas de cada un dos cursos.

As instalacións do Centro de Formación conta con dúas aulas de 36 m2 equipadas con mobiliario docente para 15 alumnos, TV, vídeo, pantalla de proxección, ademais de elementos auxiliares e informáticos conectados en rede e con acceso a internet. Ademais o centro dispón dunha sala de 52 m2, con capacidade para corenta persoas, equipada cun completo sistema audiovisual

Como complemento ás actividades presenciais de aula, o Centro dispón dunha plataforma de formación virtual para a impartición de cursos na modalidade semipresencial e a distancia.

QUE FACEMOS

Organizamos e xestionamos accións formativas propias e para terceiros
Detectamos necesidades de formación dos profesionais
Planificamos itinerarios formativos
Xestionamos a obtención de Certificados de Profesionalidade

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

edificiocami@menela.org

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.