POEJ UNO A UNO 2022-2023

Fundación Menela forma a cinco mozos con Autismo na actividade laboral de elaboración de comida rápida gourmet có apoio da Fundación

Conseguir un traballo representa un aspecto fundamental para a Calidade de Vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA); supón melloras na súa autonomía, na súa capacidade de participación social, na súa vida independente e no seu sentimento de orgullo e autoestima. Así, para poder conseguir este obxectivo de inclusión sociolaboral son necesarias ferramentas formativas potentes ao seu alcance e, non menos importante, unha predisposición por parte do empresariado e das contornas laborais á flexibilidade e á adaptación.

Fundación MENELA aúna estes dous elementos claves e, grazas ao apoio da Fundación ONCE, desenvolveu un programa formativo que permitiu formar a cinco mozos e mozas con Autismo na actividade laboral de elaboración de comida rápida gourmet, unha actividade profesional que conecta cos intereses e motivacións de cada un deles.

O proxecto formativo executouse entre os meses de febreiro de 2023 e xuño de 2023 adicándolle un total de 349 horas, 174 horas de formación teórica e 175 horas de formación no posto de traballo (dividido en dous grupos), contando coa colaboración e apoio da empresa ALSEA, S.A.

Esta formación facilitou a adquisición de competencias profesionais do sector da alimentación e competenciais persoais que lles permiten transitar e posicionarse dunha maneira diferente no mundo. Unha planificación centrada na persoa, unha formación específica práctica e experiencial cos apoios axeitados, un acompañamento intensivo durante todo o proceso formativo e na práctica no posto traballo, foron ferramentas imprencindibles para que os mozos e mozas con TEA acadaran uns resultados positivos, unha maior seguridade e autonomía persoal.

Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE no marco do Programa Operativo de Empleo Juvenil 2014-2020, en concreto no contexto da Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8: Promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais

 

   

 

21 de xuño de 2023 Ι Fundación Menela

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.