POEJ PSICOSOCIAL 2022-2023

 Fundación Menela forma a seis mozos e mozas con Autismo para desenvolver a actividade laboral de operación básicas de pisos en aloxamentos có apoio da Fundación ONCE  

Fundación Menela, entidade especializada en Autismo que ofrece servizos e apoios ao longo do ciclo vital da persoa, desenvolveu o programa formativo “Operacións básicas de pisos en aloxamento” no Centro de adultos Castro Navás, có obxectivo de reforzar a empregabilidade de seis persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e Discapacidade Psicosocial.

O programa formativo, que foi posible executar gracias ao apoio da Fundación ONCE, abordou diferentes contidos de formación laboral, seguridade e hixiene no traballo, autonomía e habilidades sociais, baixo unha metodoloxía activa, participativa e interactiva. Un total de 380 horas, 285 de intervención grupal e 95 de intervención individual, nas que os seis beneficiarios disfrutaron dunha nova experiencia formativa que lles permite afrontar a vida adulta con maior autonomía e independencia, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida de acordo coa misión da Fundación.

 

 

 Pictograma ARASSAC

 A iniciativa estivo subvencionada a través da Convocatoria de Axudas Económicas para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade Psicosocial – Ano 2022/2023 da Fundación ONCE, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ) 2014-2020 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

 

   

 

29 de Xaneiro de 2023 Ι Fundación Menela

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.