POEJ UNO A UNO 2022-2023
EMPLEA-TEA PROGRAMA DE REFUERZO DA EMPREGABILIDADE PARA PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. FORMACIÓN ELABORACIÓN DE COMIDA RÁPIDA GOURMET.
Fundación ONCE, con data 30 de decembro de 2022, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación MENELA para a execución do “Emplea-TEA Programa de Reforzo da Empregabilidade para persoas con TEA: Formación elaboración de comida rápida gourmet” presentado á CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A SELECCIÓN DE OPERACIÓNS PARA O REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS MOZAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2022-2023 no marco do Programa Operativo POEJ 2014-2020 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
“EMPLEA-TEA” ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación persoal e laboral de cinco persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, a través do programa de formación “Emplea-TEA: Formación elaboración de comida rápida gourmet” que inclue a formación no posto de traballo, gracias a colaboración da empresa ALSEA, S.A., coa finalidade de contribuír á inserción socio laboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade.
O programa formativo executarase entre os meses de febrero de 2023 e xuño de 2023 adicándolle, un total de 349 horas, 175 horas de formación teórica e 174 horas de formación no posto de traballo (dividido en dous grupos).
Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE no marco do Programa Operativo de Empleo Juvenil 2014-2020, en concreto no contexto da Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8: Promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
Febreiro de 2023 Ι Fundación Menela