POEJ PSICOSOCIAL - Ano 2020
CapacitaTEA
Programa de formación en habilidades sociolaborais para persoas con Trastorno del Espectro del Autismo e Discapacidade Psicosocial Asociada
Fundación ONCE, con data 29 de setembro de 2020, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación Menela para a execución de “CapacitaTEA. Programa de formación en habilidades sociolaborais para persoas con Trastorno del Espectro del Autismo e Discapacidade Psicosocial Asociada” presentado a CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS NOVAS CON DISCAPACIDADE PSICOSOCIAL – ANO 2020 no marco do PROGRAMA OPERATIVO PARA EMPREGO XUVENIL
Fundación Menela é unha das 14 entidades sociais que se beneficiarán nesta edición do Programa de Axudas para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Novas con Discapacidade Psicosocial, impulsado por Fundación ONCE co apoio do Fondo Social Europeo (FSE) para mellorar a inserción laboral e social do colectivo.
Menela desenvolverá o proxecto “CapacitaTEA”, un programa de formación en habilidades sociolaborais centrado na adquisición de coñecementos, destrezas e habilidades para a formación e acceso a actividade laboral de operacións básicas de pisos en aloxamentos. No mesmo, participarán catro mozos e mozas con TEA e discapacidade psicosocial beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A formación comeza no mes de novembro e terminará a finais de marzo de 2021. Consta de dous tipos de accións: unha fase de intervención grupal, con 255 horas por participante, e outra individual, con 85 horas.
Ademais da entidade galega, son beneficiarias deste programa de axudas outras 13 organizacións de 9 comunidades autónomas con programas de formación para 70 mozos con discapacidade psicosocial.
Segundo os últimos datos dispoñibles, en 2018 a taxa de actividade das persoas mozas con discapacidade de entre 16 e 24 anos foi do 23,9%, fronte ao 36,9% das persoas da mesma franxa de idade sen discapacidade. Ademais, dentro do colectivo da discapacidade, que ten unha taxa de actividade do 34,5%, este valor é menor para as persoas con discapacidade psicosocial, cuxa taxa de actividade é do 29,1% e a súa taxa de emprego do 17,6%. Estes valores contrastan cos obtidos para o colectivo de persoas sen discapacidade, cunha taxa de actividade do 77,6% e de emprego do 65,9%.
5 de novembro de 2020 Ι Fundación Menela