POEJ PSICOSOCIAL - Ano 2021/22

Programa de formación en habilidades sociolaborais para persoas con Trastorno del Espectro del Autismo e Discapacidade Psicosocial

Fundación ONCE, con data 13 de outubro de 2021, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación Menela para a execución de “CapacitaTEA. Programa de formación en habilidades sociolaborais para persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e Discapacidade Psicosocial” presentado a CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A SELECCIÓN DE OPERACIÓNS PARA O REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE PSICOSOCIAL – ANO 2021-2022 no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil POEJ 2014-2020 Cofinanciado por el Fondo Social Europeo (FSE).

Fundación Menela é unha das 22 entidades sociais que se beneficiarán nesta edición do Programa de Axudas para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade Psicosocial, impulsado por Fundación ONCE co apoio do Fondo Social Europeo (FSE) para mellorar a inserción laboral e social do colectivo.

Menela desenvolverá o proxecto “CapacitaTEA”, un programa de formación en habilidades sociolaborais centrado na adquisición de coñecementos, destrezas e habilidades para a formación e acceso a actividade laboral de operacións básicas de pisos en aloxamentos. No mesmo, participarán catro mozos e mozas con TEA e discapacidade psicosocial beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A formación comeza no mes de novembro e terminará en abril de 2022. O programa formativo consta de dous tipos de accións: unha fase de intervención grupal, con 270 horas por participante, e outra individual, con 90 horas. Durante este periodo adquirirán competencias para preparar e poñer a punto habitacións e zonas comúns, e realizar as actividades de lavado e planchado de roupa, aplicando as normas de seguridade e hoxiene, así como as normas medioambientais.

 

   

 

Fundación Menela ׀ 1 de novembro de 2021 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.