Servizo de Lecer
Potenciamos a autodeterminación e a identidade social a través das actividades lúdicas en contextos normalizados.
Dende a Fundación Menela traballamos pola inclusión das persoas con TEA, tamén a través do tempo e as actividades de lecer. Para elo programamos e organizamos en colaboración coa Xunta Directiva das APAS, as actividades de lecer das persoas con TEA que acoden aos nosos centros.
Traballamos tamén no lecer dos nenos-as e xoves do Servizo de Atención Temperá e Apoio integral, coas actividades en grupo que se levan a cabo de forma periódica e regular.
Os nosos usuarios participan tamén nas actividades programadas e organizadas pola Federación Autismo Galicia e pola Confederación Autismo España.