POISES UNO A UNO - Ano 2021-2022
Emplea-TEA
Programa de la Empleabilidad para personas con TEA
Fundación ONCE, con data 13 de decembro de 2021, outorga unha axuda de 24.000 euros á Fundación Menela para a execución de “Emplea-TEA. Programa de Refuerzo de la Empleabilidad para personas con Trastorno del Espectro del Autismo”, presentado a CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS NOVAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2021-2022, no marco do Programa Operativo POISES 2276-2021 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
“Emplea-TEA” ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación persoal e laboral de seis persoas con Trastorno do Espectro do Autismo a través do programa de formación “Auxiliar de Comida Rápida”, e coa finalidade de contribuír á inserción socio laboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade.
Esta axuda económica esta cofinanciada polo FSE no marco do citado Programa Operativo Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020, en concreto, có Obxectivo Temático 9, promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación. Prioridade de Investimento 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
18 de decembro de 2021 Ι Fundación Menela