¿QUÉ SON OS TEA?
O termo “Trastorno do Espectro do Autismo” fai referencia a un conxunto heteroxéneo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ao funcionamento cerebral dando lugar a dificultades na comunicación social e na interacción social en diversos contextos, uns patróns restritivos e repetitivos de comportamento, intereses e actividades, e outras manifestacións clínicas que varían dunhas persoas a outras.
Esta heteroxeneidade na presentación clínica observase tamén ao longo do ciclo vital dunha mesma persoa, así como na intensidade das súas características.
Todo isto implica que as necesidades de cada persoa van a ser moi heteroxéneas e van a variar a o longo da súa vida.
Nos últimos anos veñen aumentando o número de casos de persoas diagnosticadas con TEA. Na actualidade, o 1% da poboación mundial sofre autismo, é dicir, 70 millóns de persoas. En España 350.000 casos, dos cales a Galicia corresponderíanlle a redor de 27.000 e na cidade de Vigo 3.000 persoas terían TEA nos seus diferentes graos de afectación. Actualmente , os derradeiros estudos epidemiolóxicos falan de 1 caso por cada 88/150 nenos en idades escolares. Queremos chamar a atención sobre estes estudos xa que poden cambiar de forma considerable en función do propio estudo, concepto e denominación dos TEA.
Independentemente do diagnóstico, a atención temperá e a educación específica teñen que estar baseadas nas capacidades e necesidades individuais da persoa con TEA así como nos apoios que precise e incidan no desenvolvemento do seu potencial.
O TEA impacta no so na persoa sino tamén na súa familia, e na calidade de vida de todos os seus membros. Porén, a atención ás persoas con TEA require dunha abordaxe integral, orientada a facilitar apoios individualizados, especializados e baseados na evidencia científica, que promovan a súa calidade de vida e o exercicio efectivo dos seus dereitos.