UNO A UNO PROGRAMA DE EMPREGO XUVENIL (PEJ) 2024-2025

PROGRAMA ESTATAL FSE+ DE EMPREGO XUVENIL 2021-2027

CONSTRUINDO FUTURO

FORMACION PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO

OPERACIÓNS AUXILIARES DE LAVANDERIA INDUSTRIAL E DE PROXIMIDADE

 

As persoas con TEA atopan numerosas barreiras en todos os ámbitos da vida, dereito á educación, á sanidade, á vivenda, á autonomía persoal ou ao emprego, polo que os seus dereitos ven limitados, cando non quebrantados, dificultando a súa participación na sociedade en condicións de igualdade coa cidadanía (Vidriales, Hernández, Praza, Gutiérrez e Costa, Calidade de vida e trastorno do espectro do autismo, Autismo España, 2017). A Convención sobre os Dereitos das persoas con Discapacidade (CDPD) no seu artigo 27 refírese ao dereito das persoas con discapacidade a traballar, en igualdade de condicións coas demais, nun mercado e nunha contorna laborais que sexan abertos, inclusivos e accesibles

A través da Convocatoria Uno a Uno Programa de Emprego Xuvenil 2024-2025, executouse o programa “Construindo Futuro: Formación para o Emprego para persoas con autismo. Operacións Auxiliares de Lavandería Industrial e de Proximidade” coa finalidade de favorecer a adquisición de aptitudes, habilidades e competencias necesarias para aumentar as oportunidades de inclusión social e laboral de 6 persoas mozas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual.

O programa formativo executouse entre os meses de xaneiro e xuño de 2025, adicouselle un total de 350 horas, 200 horas de formación teórica e 150 horas de formación no posto de traballo 

Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE+ no marco do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027, en concreto co Obxectivo político 4: unha Europa mais social e integradora mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos. Obxectivo Específico h) relativo a fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos.

 

   

Xuño 2025 Fundación Menela

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.