Actualidade

FINALIZA O PROXECTO `XACOBEO AUTISMO. UN CAMIÑO DE TODOS´ COA CHEGADA DE  20 PERSOAS CON AUTISMO DA FUNDACIÓN MENELA A NIGRÁN 

 

  • Este proxecto, denominado Xacobeo Autismo. Un camiño de todos, foi promovido pola Fundación Menela e está enmarcado dentro do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. No seu desenvolvemento contou co apoio e colaboración do Concello de Nigrán.
  • AUTISMO, INCLUSIÓN, DIVERSIDADE, CONVIVENCIA, PARTICIPACIÓN, ACCESIBILIDADE E VISIBILIDADE, son as palabras que mellor definen o proxecto Xacobeo Autismo. Un camiño de todos. Cipriano L. Jiménez Casas. 

Nigrán, 11 de outubro de 2019.- Na mañá de hoxe os peregrinos e peregrinas do Centro de adultos Castro Navás - Fundación Menela chegaron a fermosa vila de Nigrán. O fixeron coincidindo coa 7ª e última etapa do proxecto Xacobeo Autismo. Un camiño de todos, unha iniciativa da Fundación Menela que se enmarca dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia para a dinamización do Xacobeo 2021 que contou, no seu desenvolvemento, có apoio e colaboración do Concello de Nigrán.

Con motivo do final do tramo do Camiño Portugués da Costa o Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolleu un acto para dar conta da experiencia vivida ao longo destes dous meses de caminata. Un proxecto ao que se sumaron os Concellos da Guarda, Mougás, Oia, Baiona, e os Albergues Municipais da Guarda, Camiño Portugués de Oia, e Estela do Mar de Baiona, ao sinalizar con pictogramas as súas instalacións, mellorando a accesibilidade cognitiva e contribuíndo a un turismo inclusivo de calidade.

Durante o mesmo proxectouse un video coas imaxes captadas ao longo do Camiño, un momento que se enriqueceu coas experiencias e vivencias, contadas en primeira persoa, por Victor, Adrián e Manu, tres rapaces de Castro Navás, que estiveron acompañados por Mauro da Asociación Avelaiña, unha amizade que xurdiu durante o Camiño. O fixeron acompañados polas súas monitoras, Conchi e Patricia. 

Durante o discurso Adrián sinalou o divertido de durmir nas liteiras dos albergues, incluso solicitou unha para a Residencia Castro Navás, a Victor, o noso guía, encantoulle facer o Camiño onde fixeron moitos amigos e coñeceron a xente doutros pobos e países, “a todos lles parecía xenial que un grupo de persoas con autismo fixéramos o Camiño de Santiago. Todos nos saudaban emocionados e nos animaban a seguir”. Manuel está feliz co seu novo amigo Mauro e seguiría facendo o Camiño, xa que lle encanta durmir fora do centro e saír de bailar. Investidos como peregrinos, todos eles coinciden en que, o ano que ven, queren chegar a Santiago.

Nesta ocasión, a Orquestra Castro Navás, integrada por rapaces e rapazas do Centro de adultos Castro Navás, conseguiu emocionar ao público con tres pezas musicais, Minuetto, Happy Muiñeira e a interpretación de Andar Conmigo de Julieta Venegas.

Acompañados por representantes dos Concellos de A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, o acto finalizou coas intervencións do director xeral da Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez e o alcalde de Nigrán, Juan A. González quenes concluiron coa mensaxe de que a culminación deste fantástico e bélido Camiño Portugués da Costa foi unha mostra de ir cara a inclusión dentro da diversidade, nunha sociedade máis participativa, accesible e visible.

Non queremos rematar o resume do día de hoxe sen dar as gracias aos rapaces do Centro Juan María, a Asociación Avelaiña de Baiona, ao alumnado dos colexios CEE de Panxón, CEIP Arquitecto Palacios, CEIP Humberto Juanes de Nigrán, CEIP da Cruz de Camos, as familias e a todos os amigos da Fundación Menela por acompañarnos na última etapa e peche do proxecto “Xacobeo Autismo. Un camiño de todos”.

Fundación Menela | 11 de outubro de 2019

 

 

Compartir Pechar
Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar