SERVIZO DE ORIENTACION LABORAL
O traballo é unha das actividades máis importantes na vida de calquera ser humano, xa que non só permite a autosuficiencia económica, senón que tamén é unha fonte de realización persoal e social. Con todo, para as persoas con discapacidade, acceder e manterse nun emprego pode representar un desafío adicional debido a prexuízos, barreiras físicas e limitacións sociais.
Fundación Menela, ademais de ser unha entidade de referencia en autismo, é un Centro colaborador especial do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e conta coa financiación da Consellería de Emprego, comercio e Emigración da Xunta de Galicia
Obxectivo
A finalidade do Servizo é apoiar a persoas con discapacidade, especialmente a aquelas con diagnóstico de TEA, na mellora da súa empregabilidade, e o desenvolvemento da súa traxectoria profesional e a inserción laboral.
Procedemento
A través dun diagnóstico das necesidades da persoa demandante, ofrécese acompañamento a través de tutorización individual, asesoramento continuo e atención personalizada que contribúen á mellora da súa empregabilidade e as posibilidades de inserción profesional.
Accions a desenvolver
- Entrevistas individuais de información, asesoramento e orientación
- Sesións grupais de orientación laboral (sesions informativas, dinámicas de traballo…)
- Información e apoio para a procura de emprego e formación
- Procura de empresas coas que colaborar
Requisitos
Os requisitos necesarios para acceder ao servizo son:
- Estar inscripto/a como demandante de emprego no SPEG
- Ter máis de 16 anos.
- Ter un certificado de discapacidade asociado a TEA.
Contacto co Servizo de Orientación Laboral
Fundación Menela. 986 423 433 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
