Actualidade

PROXECTO DE REFORZO DE EQUIPOS PROFESIONAIS EN RESIDENCIA PARA ADULTOS CON AUTISMO

PROXECTO REFORZO DE EQUIPOS PROFESIONAIS EN RESIDENCIA PARA ADULTOS CON AUTISMO. PROGRAMA DE COOPERACIÓN XUNTA DE GALICIA - FUNDACIÓN MENELA

 

En data 19 de decembro de 2019, ditouse pola secretaria xeral de Emprego Resolución na que se outorga unha subvención, ao amparo da Orde de 12 de setembro de 2019, polo importe de 156.825,0 euros á entidade FUNDACIÓN MENELA, equivalente aos custos salariais das persoas traballadoras contratadas, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultantes da contratación de 10 persoas traballadoras desempregadas para a realización do proxecto “REFORZO DE EQUIPOS PROFESIONAIS EN RESIDENCIA PARA ADULTOS CON AUTISMO” no Centro Castro Navás.

A diversidade de perfís profesionais que se incorporan ao amparo desta subvención supón un estímulo á vida de Castro Navás ao dispor dunha rede de apoios centrada na persoa e na súa contorna, facilitando a diversificación de actividades e apoios na capacitación da persoa con TEA, nos diferentes obradoiros terapéuticos, promoción de hábitos saudables, proxección social na comunidade, así como actividades de mantemento do centro. 

 

Fundación Menela | 14 de xaneiro de 2020

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.