Actualidade

DOTACIÓN DE VEHÍCULOS PARA ACTIVIDADES EN RESIDENCIA DE ADULTOS GRAVEMENTE AFECTADOS

DOTACIÓN DE VEHÍCULOS PARA ACTIVIDADES EN RESIDENCIA DE ADULTOS GRAVEMENTE AFECTADOS. PROGRAMA DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF.

 

Durante o presente ano 2019, Fundación Menela foi adxudicataria, gracias a subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, dunha subvención de 13.210,38 euros, en referencia ao proxecto denominado “Dotación de Vehículos para Actividades en Residencia de Adultos Gravemente Afectados”.

Grazas adquisición dunha furgoneta con capacidade de transporte de nove prazas, o Centro de Día e Residencial Castro Navás situado na parroquia de Priegue (Nigrán) ampliou o parque de vehículos do Centro acadando, deste xeito, un maior número de prazas de transporte necesario para que as 65 persoas adultas con TEA usuarias e residentes teñan máis oportunidades de participar nas actividades que se realizan na comunidade, contribuíndo a mellorar a súa Calidade de Vida.

 

 

Fundación Menela | 2 de setembro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.