Actualidade

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. EDUCACIÓN E EMPREGO PARA AS PERSOAS CON AUTISMO, PRINCIPAIS REIVINDICACIÓNS DA CAMPAÑA "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR"

 

• Un ano máis Fundación Menela, en coordinación e baixo as directrices de Autismo España e Autismo Europa, súmase a campaña de sensibilización para visibilizar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade. 

• Fundación Menela pide á cidadanía mostrar a súa solidariedade có colectivo TEA a través de dúas accións: subir a redes sociais unha foto ou vídeo facendo o xesto da campaña e iluminar a súa terraza ou balcón o próximo 2 de abril ás 21 horas. 

• Tamén se suma á iniciativa mundial Light It Up Blue e solicita que edificios e monumentos de Vigo e da Mancomunidade do Val Miñor se iluminen de azul o próximo 2 de abril. 

• Este ano, como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno debido á pandemia do COVID-19, suspéndense todos os eventos públicos presenciais, como o acto institucional previsto no Auditorio Municipal do Concello de Vigo e o acto na Rúa Príncipe.

 

Vigo, 27 de marzo de 2019. O próximo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 este día para poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Neste sentido, Fundación Menela, en coordinación có movemento asociativo do autismo en España e Autismo Europa, súmase campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e mellora da calidade de vida do colectivo TEA: a educación e o emprego. Por iso é polo que se elixiu como lema “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe se presenta en cinco cores diferentes, reflectindo así a diversidade e pluralidade existente dentro do espectro do autismo.  

Atendendo a este lema, os principais obxectivos da campaña do DMCA 2020 son: 

1. Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA. 

2. Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo. 

3. Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais. 

 

Situación das persoas con TEA en materia de educación e emprego

Os datos obtidos do rexistro sociodemográfico que Autismo España comezou no ano 2015 poñen de manifesto que houbo un considerable incremento do alumnado escolarizado con  TEA no últimos cinco anos: de máis do 118% entre os cursos 2011-12 e 2017-2018. Ademais, o alumnado con  TEA ten un risco maior a ser vítima de acoso escolar e detectáronse índices altos de abandono escolar ao finalizar a Educación Secundaria, en comparación cos índices de continuidade do resto do alumnado escolarizado en educación non universitaria.

Tamén se detectou que non está suficientemente desenvolta a orientación vocacional e as experiencias de prácticas e que non hai conexión entre as últimas etapas educativas cos servizos de emprego. Todo iso provoca que as taxas de desemprego no autismo sexan máis altas que entre as persoas con discapacidade intelectual ou outros trastornos do desenvolvemento; así, estímase que máis do 90% das persoas con TEA están desempregadas, debido en gran medida á falta de servizos de apoio para adultos, así como a unha falta xeneralizada de comprensión sobre as capacidades das persoas con  TEA e o seu potencial laboral.

Teniendo en cuenta os obxectivos da campaña e a situación das persoas con  TEA no noso país, reivindicamos tanto ao Goberno central como aos respectivos gobernos autonómicos o impulso de medidas para garantir o acceso a unha educación e a un emprego de calidade para o colectivo TEA, que se  adecue ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con  TEA e contribúa á mellora da súa calidade de vida.

 

Como sumarse á campaña

Este ano, desde Fundación Menela pedimos á cidadanía que se sume en redes sociais á campaña “Podo aprender. Podo traballar” e suban unha foto, vídeo ou gif facendo o xesto da campaña: soster unha ferramenta ou utensilio que represente unha das súas habilidades ou capacidades, e que se relacione cos ámbitos da educación ou do emprego, xunto ao  hashtag   #DiaMundialAutismo #fundacionmenela

O obxectivo deste xesto é mostrar que cada persoa é diferente e ten unhas determinadas fortalezas, que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis inclusiva e respectuosa coa diversidade. Porque as persoas con TEA son membros de pleno dereito da sociedade, polo que deben ter as mesmas oportunidades para expresar o seu potencial tanto no ámbito da educación como no mundo laboral, grazas a contornas accesibles e apoios adecuados.

 

 

Iniciativa Light It Up Blue 

No marco do DMCA, sumámonos á iniciativa mundial de Autism Speaks coñecida Light It Up Blue (Ilumínao de azul) que promove a iluminación en azul de edificios e monumentos do noso país como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias. O ano pasado, foron máis de 350 os que se tiñeron de azul en todo o territorio nacional o día 2 de abril. 

Este ano, ademais, no contexto actual que vivimos e conscientes de que os balcóns do noso país convertéronse no epicentro da solidariedade e reivindicación social, queremos pedir á cidadanía que o 2 de abril ás 21 horas salga aos seus balcóns, terrazas ou xanelas e ilumine coa lanterna do móbil, un foco ou calquera outra fonte de luz, como mostra de solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias, así como con todos as persoas que, estes días, están atendendo ao colectivo. 

Neste caso, ademais do hashtag # DiaMundialAutismo, pedimos usar tamén # LIUB. Para esta iniciativa, desde Autismo España creamos en Twitter o perfil @ LIUB_ Espana 

 

Suspensión dos actos públicos

Seguindo coas recomendacións establecidas polas autoridades tras a declaración do estado de alarma debido á pandemia do COVID-19, Fundación Menela suspendeu o entrañable acto institucional que, coma todos os anos, tiña previsto celebrar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo e o acto na Rúa Príncipe.

 

WEB www.diamundialautismo.com

Toda a información sobre o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020 está dispoñible na web www.diamundialautismo.com

 

 

Fundación Menela | 27 de marzo de 2020

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.