Blog

SUMANDO CAPACIDADES. FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO (2)

SUMANDO CAPACIDADES. FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO

Unha planificación centrada na persoa, unha formación práctica e experiencial cos apoios axeitados, e un acompañamento por profesionais que centran a mirada nas súas fortalezas, son claves para a inclusión laboral e o desenvolvemento persoal das persoas con Autismo  

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou, na súa sesión ordinaria de 27 de outubro de 2023, en relación ás subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2023, concederlle á entidade FUNDACIÓN MENELA unha subvención por importe de 6.092,26€ para a execución do proxecto “SUMANDO CAPACIDADES”.

Os resultados positivos acadados nas edicións anteriores desta convocatoria constituíron o impulso dunha nova edición do proxecto SUMANDO CAPACIDADES, que partiu dunha axeitada planificación e orientación previa sobre a detección de intereses e capacidades das persoas beneficiarias. En base a esta orientación vocacional participaron no proxecto 10 persoas adultas, 5 homes e 5 mulleres, con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro de adultos Castro Navás, as cales, durante doce meses, realizaron un programa formativo que combinou teoría e práctica para adquirir as competencias necesarias para desenvolver as tarefas na Lavandería Industrial, permitindo un traballo significativo e colectivo.

Unha vez máis, o proxecto puxo de manifesto que é imprescindible contemplar a posibilidade de que as persoas con TEA poidan acceder a unha formación e a un traballo digno, promovendo as oportunidades e competencias persoais que resulten necesarias para facelo. A experiencia demostrou que as persoas con TEA son uns magníficos traballadores se se atopan nunha contorna laboral favorable que se adapte ás súas necesidades de predictibilidad, estruturación e explicitación de obxectivos a conseguir. 

SUMANDO CAPACIDADES contribuiu á sensibilización para promover a igualdade de oportunidade e a facer do dereito á formación e ao emprego unha realidade; un factor esencial que incide na mellora da calidade de vida, o desenvolvemento persoal e a participación plena da persoa con TEA na sociedade.

 

15 de decembro de 2023 | Fundación Menela

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.