Actualidade

O COLEXIO MENELA PARTICIPA NAS XORNADAS DE ACCIÓN SOCIAL DO COLEXIO MIRALBA – JESUITINAS DE VIGO

O COLEXIO MENELA PARTICIPA NAS XORNADAS DE ACCIÓN SOCIAL DO COLEXIO MIRALBA - JESUITINAS DE VIGO

 

O Colexio Menela foi convidado a participar nas Xornadas de Acción Social do Colexio Miralba – Jesuitinas de Vigo para presentar o Proxecto de Acción Social 2020 -2021 aos alumnos de 4º da ESO, que terán que elexir nas vindeiras semanas a entidade social na que realizarán a súa labor de voluntariado en 1º de Bacharelado.

Berta Meijide, profesora do Colexio Menela, foi a encargada de transmitir aos 75 mozos e mozas de 4º da ESO, como son os nosos alumnos con TEA e a relación que manteñen con eles Saleta, Álvaro e Nico, tres alumnos de Jesuitinas que veñen ao noso Centro, unha tarde á semana durante o curso escolar, para compartir actividades de lecer.

Igualmente, Saleta, Álvaro e Nico, que cursan 1º de Bacharelato expresaron a súa experiencia en Menela, o seu entusiasmo e como se sentían cos nosos alumnos: “Recibíronnos moi ben”, “Sempre nos esperan”, “Queren xogar connosco”, “Son moi bos co quebracabezas e cos xogos visuais”. Así, entre todos, tentamos eliminar mitos sobre o Autismo. 

Por mor dunha proposta da Fundación Menela para desenvolver un “Programa de Acción Social”, creouse un vínculo con máis de dez anos de convivencia entre o Colexio Miralba – Jesuitinas e o Centro Educativo Menela; unha inciativa que, ao longo dos anos, foise estendento a outras Asociacións que traballan con persoas con outras discapacidades. 

Despediunos o comprometido profesor Ramiro dicindo: “Estamos encantados con esta experiencia e ao noso alumnado vénlles moi ben. Vós, os de Menela, fostes os primeiros que o propuxestes!”. E a verdade é que en Menela tamén estamos máis que satisfeitos con este programa e cos mozos tan simpáticos que o levan a cabo.

 

Fundación Menela | 12 de febreiro de 2020

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.