loading

70 profesionais e voluntarios

As persoas que forman os seus equipos profesionais están altamente cualificados e contan cos recursos técnicos que precisan para levar a cabo o seu labor. O coñecemento acumulado en todos estes anos é unha garantía do mellor servizo.

Pero, por riba de todo, á xente que forma parte da Rede Menela recoñecese pola entrega e a paixón coa que afronta a tarefa. A implicación de todos os seus membros na misión e valo-res da organización alcanza todos os niveis de responsabilidade, todas as áreas e todas fun-cións de actividade.

Na Fundación Menela conviven profesionais cunha dilatada traxectoria con outros de recen-te incorporación, así como con persoas que desinteresadamente prestan acción voluntaria, promovéndose deste xeito unha frutífera relación entre o saber facer que da a experiencia e a frescura da xuventude. Pero todos comparten o entusiasmo polo traballo ben feito, o respecto aos valores da entidade e o compromiso coa a persoa con TEA como centro da nosa actividade

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.