loading

Atención Temperá

Atención especializada nos primeiros anos para favorecer o desenvolvemento e as capacidades nas etapas posteriores da vida

As probas dispoñibles nunha ampla variedade de programas e estudios suxiren que a intervención temperá en nenos con TEA conduce a mellores resultados.

Conxunto de intervencións dirixidas a nenos/as de 0 a 6 anos, as súas familias e ao seu contorno, có obxectivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con TEA, ou que estean en risco de padecelos.

Partimos dun enfoque da atención temperá centrada nunha triple vertiente: neno, familia e contorna. Por tanto, a intervención diríxese a todos e cada un destes grupos. Todos os axentes implicados (ámbito familiar, escola infantil, recursos sociosanitarios, contorna vital do neno e contexto de intervención terapéutico) deben de estar debidamente coordinados.

  • Atención psicolóxica
  • Servizo de logopedia
  • Servizo de psicomotricidade
  • Servizo de terapia ocupacional
  • Servizo de fisioterapia
QUE FACEMOS

Unha intervención individualizada, con obxectivos e contidos de intervención personalizados, mediante un plan individual de intervención
Unha intervención integradora, tendo en conta os ámbitos de vida do neno/a (centro escolar, familia, outros profesionais) e promovendo unha rede de apoio dirixida a atender as súas necesidades
Unha intervención funcional centrada en aspectos emocionais, comunicativos, de xogo e conductuais, considerando tamén os aspectos relacionados coa autoregulación persoal, autonomía, relacións familiares, actividades académicas, lecer e vida na comunidade
Unha intervención seguindo un enfoque psicopedagóxico

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

at_tempera@menela.org
mlopez@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.