loading

Atención Psicosocial

Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa para adultos con TEA

UNo Centro Castro Navás cremos que a intervención profesional debe de ter un carácter integral e atender a todas as necesidades que poidan xurdir ao redor dos diferentes compoñentes do ser humano, tanto biolóxico como psicolóxico e social. Por iso, esforzámonos en potenciar o desenvolvemento psicosocial dos nosos usuarios e a súa interacción coa contorna e as distintas estratexias que se poden empregar para actuar ao respecto. Somentes así, a intervención pode contribuír ao desenvolvemento, a rehabilitación ou o mantemento das capacidades do usuario e ao incremento da autonomía e interacción co seu contexto social.

O apoio psicosocial á persoa usuaria inclúe a súa atención relacional e comunicativa. Utilizamos o ambiente como factor de desenvolvemen to da autonomía persoal e da relación social, adaptando os elementos espaciais e materiais, tanto interiores como exteriores, co obxecto de eliminar calquera barreira e tendo en conta ás preferencias das persoas, a función ás que van dirixidos os espazos e as actividades que se levan a cabo nos mesmos. Utilizando cando se precisa de técnicas alternativas e aumentativas para as persoas con necesidades especiais de comunicación.

De cara ás familias das persoas usuarias, o servizo de atención psicosocial proporcionalle información, asesoramento, así como apoio psicolóxico e emocional.

QUE FACEMOS

Valoración inicial e integral de cada persoa usuaria. Elaboración e seguimento dos Plans de Atención Individualizados
Apoio no ingreso e no proceso de adaptación, seguimento e avaliación
Promovemos a comunicación coas familias e coa contorna da persoa usuaria
Programas de intervención en funcións psicoafectivas, equilibrio psicolóxico e problemas condutuaisProgramas de intervención social e comunitaria. Fomento das relación sociais das persoas usuarias
Promoción de habilidades para la vida diaria.
Mantemento e entrenamento das funcións cognitivas en situación cotiás no Centro
Seguimento e control dos procesos de envellecemento

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Centro de Día e Residencial Castro Navás
Navás, 11 36391 Priegue - Nigrán
986 365 558

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

castronavas@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.