loading

Fomento do emprego

 


PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2016

O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2016, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”

Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 17.684,49 euros, para a contratación de persoal, o que permitiu desenvolver “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, un proxecto que ten a finalidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.

Durante un periodo de tres meses, Fundación Menela contou cunha Diplomada en Traballo Social, un Monitor Deportivo, unha Coidadora de persoas con TEA e un Peón de Mantemento, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas, traballaron na información, orientación e asesoramento a persoas con TEA e familiares; deseño de proxectos de captación de fondos; mellora das capacidades físicas e motoras das persoas con TEA; mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna mais saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.