loading

Expresión Artística

Arte como medio de expresión e comunicación

A creación artística en todas as súas formas ocupou sempre un lugar especial en Castro Navás. Dende os comezos decidimos loitar contra os mitos do autismo e entendemos que as persoas con TEA son capaces de facer arte.

Os obradoiros de música e pintura xorden de xeito espontáneo; dunha idea, dunha ilusión. Na actualidade, constitúen espazos de encontro e participación baixo un liderado compartido, nos que se proporcionan experiencias e vivencias que favorecen o espertar da capacidade creativa, a estimulación sensorial, o desenvolvemento de habilidades socio-emocionais, comunicativas e o sentido de pertenza ao grupo.

A arte abre un mundo de posibilidades ás persoas con autismo constituíndo unha vía de expresión e comunicación non verbal e alternativa; un modo de relación có mundo e de desenvolvemento dos aspectos sociais das súas vidas.

QUE FACEMOS

Potenciamos a capacidade creativa
Propiciamos un espazo de escoita e diálogo
Respectamos a libre elección
Estimulamos a comunicación dos estado de ánimoBuscamos que as obras que se crean no Obradoiro de Pintura e as pezas musicais da Orquestra Castro Navás teñan un lugar na vida social e cultural, organizando e participando en diferentes exposicións e actos que nos permiten compartir e mostrar á sociedade a súa sensibilidade persoal, expresividade e capacidade creativa.

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Centro de Día e Residencial Castro Navás
Navás, 11 36391 Priegue - Nigrán
Tel. 986 365 558

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

castronavas@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.