loading

Centro de Día

Lugar de vida e traballo para persoas adultas con TEA

O Centro de Día Castro Navás é un servizo específico de apoio destinado a persoas con TEA maiores de 16 anos, con necesidades de apoio extenso e xeneralizado e/ou en situación de dependencia, que ten o obxectivo de potenciar o desenvolvemento da autonomía e capacidades persoais así como favorecer a inclusión social e laboral, contribuíndo a mellorar a Calidade de Vida das persoas con autismo e a das súas familias.

En Castro Navás a persoa con TEA convértese no protagonista do seu plan de vida; un proceso no que acompaña un equipo interdisciplinar de profesionais, baixo un enfoque biopsicosocial e seguindo o Plan de Atención Individualizado, facilitador de experiencias e oportunidades que os preparen para vivir unha vida adulta.

Castro Navás defende que cada persoa é única. Baixo o lema de que a única inclusión posible non pode ser outra que a través do traballo, organiza as súas actividades ao redor de obradoiros terapéuticos: agropecuario que abrangue actividades de horta, animais e xardinería, manualidades con velas e xabróns, papel reciclado e tear, conservas e marmeladas, e lavandería industrial. Estas compleméntanse con actividades vinculadas á expresión artística (pintura e música); promoción da saúde e atención socio - sanitaria (fisioterapia, hidroterapia, actividade física, psicomotricidade) e lecer.

Un equipo interdisciplinar de profesionais formados por psiquiatra, psicólogos, fisoterapeuta, psicomotricista, DUE, terapeuta ocupacional, preparadores laborais, monitores/educadores, e coidadores, todos eles especializados na intervención con persoas adultas con TEA, apoian e atenden as necesidades dende un enfoque terapéutico e partindo dunha atención integral e individualizada.

O Centro Castro Navás ofrece un total de 60 prazas en Centro de Día, cofinanciadas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Presta servizo de luns a venres, en horario de 10:00 a 18:00.

QUE FACEMOS

ATENCIÓN PSICO-SOCIAL
HABILITACION E ATENCION PSICOLÓXICA
SAÚDESERVIZOS HOSTELEIROS E TRANSPORTE

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Centro de Día e Residencial Castro Navás
Navás, 11 36391 Priegue - Nigrán
986 365 558

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

castronavas@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.