loading

Servizo de Lecer

Potenciamos a autodeterminación e a identidade social a través das actividades lúdicas en contextos normalizados.

Dende a Fundación Menela traballamos pola inclusión das persoas con TEA, tamén a través do tempo e as actividades de lecer. Para elo programamos e organizamos en colaboración coa Xunta Directiva das APAS, as actividades de lecer das persoas con TEA que acoden aos nosos centros.

Traballamos tamén no lecer dos nenos-as e xoves do Servizo de Atención Temperá e Apoio integral, coas actividades en grupo que se levan a cabo de forma periódica e regular.

Os nosos usuarios participan tamén nas actividades programadas e organizadas pola Federación Autismo Galicia e pola Confederación Autismo España.

QUE FACEMOS

Actividades de lecer entre semana, sábados e fins de semana: saídas cafetería, zoo, cine, praia, etc.
Campamentos Urbáns en período vacacional.
Campamentos de Verán: cámping
Actividades de Turismo Termal: SpaGrupos de lecer: saídas pola cidade, ceas, cine, xogos, merendas, etc.

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami
Instalacións externas

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

mlopez@menela.org
fundación@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.