loading

Escola de Familias | Encontros coas Familias

Escola de Familias- Encontros coas Familias

Lugar de formación e participación nos procesos de atención ás persoas con TEA para os membros do grupo familiar

A Escola de Familias da Fundación Menela é un espazo de información, formación e reflexión dirixido a nais e pais de persoas con TEA usuarias dos servizos da nosa entidade. Dende a experiencia diaria ponse de manifesto a necesidade de formación das nosas familias, da asunción da diversidade funcional, dun punto de encontro e o sentirse acompañadas no proceso evolutivo dos seus fillos.

O noso obxectivo e contribuír a mellorar a calidade de vida mediante a formación, información e comprensión dos TEA.

ENCONTROS CON FAMILIAS é un programas de carácter preventivo promovido pola Escola de Familias da Fundación Menela. Está dirixido a familias de persoas con Autismo, e está deseñado para contribuir á modificación de condutas e á adquisición de pautas saudables de dinámica familiar a través  dun recurso de apoio  orientado a desenvolver axeitadamente as súas funcións educativas e socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social;
A súa metodoloxía está deseñada para poder ser adaptada e aplicada ao perfil dos participantes, baixo a dirección de profesionais especializados. O modelo de intervención promove estratexias de cambio cognitivo-conductual, cunha metodoloxía grupal, dinámica, global, aberta e creativa, co fin de conseguir un clima propicio para a comunicación e interacción entre os membros do grupo formativo.

QUE FACEMOS

Dotar as familias de recursos e habilidades que posibiliten a asunción da diversidade funcional dos fillos e do grupo familiar
Propiciar espazos de reflexión sobre situacións cotiás e sobre o proceso evolutivo dos seus fillos e a súa incidencia no funcionamento do grupo familiar
Favorecer a comunicación entre os participantes, promovendo a creación de redes sociais entre eles
Afondar sobre o coñecemento das características e necesidades da persoa con TEA
Previr posibles problemáticas do grupo familiar ou dalgún dos seus membros, a través da detección temperá dos síntomas

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami
Centro Castro Navas

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

fundación@menela.org
ppardo@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.