loading

A Dirección Xeral

O Director Xeral constitúe o órgano executivo da entidade e o enlace entre o Padroado da Fundación e os equipos profesionais, impulsando o traballo dos Centros e Servizos a través dos responsables de cada un deles. Representa ao Padroado nas operacións diarias e está apoderado polo órgano de dirección para tomar as decisións de mais alto nivel que afectan ao funcionamento da entidade.

O Director Xeral da Fundación Menela é D. Cipriano Luís Jiménez Casas.

O Director Xeral é o responsable de dirixir e coordinar día a día o funcionamento xeral da fundación, coa asistencia dos directores e responsables de Centros e Servizos, segundo o Plan de Actuación aprobado no Consello do Padroado. No nome do Presidente, representa á entidade no seu trato diario con terceiros.

En dependencia directa do Director Xeral, o Director Xerente participa do deseño da planificación e orientación da entidade, medición e avaliación das actividades dos equipos, control dos orzamentos aprobados polo Padroado e, en xeral, elabora a previsión do rumbo da organización e establece os obxectivos da Fundación. Así mesmo, é o responsable das actuacións da entidade na Área de Administración e Recursos Humanos e da elaboración de informes de xestión e cumprimento dos obxectivos estratéxicos e de calidade.

Voltar

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.