loading

Atención Psicolóxica

Terapia de parella, individual e de grupo para as familias de atención temperá da Fundación Menela

A intervención basease nos fundamentos da Terapia Sistémica Breve.
Dado que o pasado é inmodificable, traballaremos no presente. Traballásese ampliado as solucións eficaces que os pacientes xa puxeron en marcha por si mesmos para enfrontarse cos seus problemas.
Os mecanismos que se utilizarán son a negociación de obxectivos, traballo coas ocasións en que as persoas se enfrontaron exitosamente co seu problema e a deconstrucción dos significados que se supón están a colaborar no mantemento dos problemas.

Seguindo a idea de Watzlawick, "a realidade non se descobre, invéntase" (Watzlawick, 1984). Traballaremos a deconstrucción dos significados, entendendo que a diferenza que hai entre realidades de primeira orde ou realidades físicas e as de segundo orde ou os significados que atribuímos ás realidades físicas, son o construtivismo interaccional. A realidade xorde a partir de procesos lingüísticos consensuados.

Os significados que lle damos ás condutas, sucesos ou palabras, non son estables, senón que son negociados polas persoas que interaccionan nun determinado contexto.
Haberá que entender que as persoas traen a terapia problemas que están relacionados co tipo de significados que as persoas consensuaron en torno a eles.

A intervención psicolóxica na que o terapeuta utiliza unha linguaxe para o cambio, trata de consensuar co paciente novos significados ou xerar relatos alternativos ao "relato saturado de problemas" que lles ofreza novas posibilidades co obxectivo de crear unha causalidade circular.

 

QUE FACEMOS

Formular solucións ao problema presente, creando unha "causalidade circular" e mellorar o sistema familiar
Ampliar as solucións eficaces que os pacientes xa puxeron en marcha por si mesmos para enfrontar o problema
A deconstrucción dos significados que manteñen o problema
Mellorar as relacións familiares e persoais, levándonos a unha mellor calidade de vida
*Causalidade circular. A idea é que calquera variación dun elemento do sistema afecta necesariamente os demais e, como consecuencia dun mecanismo de retroalimentación, a modificación que neles se produce remata por afectar ao primeiro subsistema.

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

Andrea

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.