loading

Calidade

O Sistema de Calidade da Fundación Menela ten como obxectivo garantir a mellor resposta as expectativas e necesidades dos seus clientes , tanto aos usuarios directos dos seus Centros como aos seus familiares y persoas relacionadas con eles, e o cumprimento dos compromisos adquiridos con eles pola entidade. Para elo, comproba que cada un dos nosos servizos se esforza en aportar os medios humanos e técnicos precisos para levar a cabo a súa actividade, que aseguren a atención da máxima calidade dentro das súas posibilidades, implantando, actualizando y mellorando día a día os programas de acción que cumpran tanto cos obxecti-vos establecidos pola propia entidade como cos requirimentos exixibles pola normativa vixente e os beneficiarios dos mesmos

Tanto a Fundación Menela como a empresa de inserción laboral CASTRO NAVAS SL teñen certificado desde 2009 o seus Sistema de Xestión da Calidade baixo a norma ISO 9001:2008. O alcance dos servizos acreditados inclúe:

  • Servizo de Avaliación, Diagnóstico e Orientación
  • Servizo de Atención Temperá e Atención Integral
  • Centro de Educación Especial
  • Centro de Día para Adultos
  • Centro Residencial para Adultos
  • Centro de Formación Ocupacional
  • Servizo de Lavandería da empresa Castro Navás S.L.
Mellora continua

Como parte da súa dedicación á mellora continua, o equipo de Calidade da Fundación Menela avalía regularmente os resultados de todos os programas para medir o seu rendemento, analizando catro áreas clave para avaliar o seu progreso: eficacia, eficiencia, acceso e satisfacción.

Procedemento

Desde o momento en el que unha persoa ingresa nos nosos Centros, o equipo de avaliación, xunto coa familia, establece un Plan de Atención Individualizada, que se revisa periodicamente e no que determina os obxectivos e as actividades que mellor responden ás súas necesidades. Os departamentos de Administración e Xestión, Recursos Humanos, Compras, Protección de Datos, Proxectos, etc complementan aos profesionais de atención nunha única estrutura orientada á calidade do servizo.

POLÍTICA DE CALIDADE

Certificados ISO 9001:2008
Os resultados obtidos das enquisas a clientes revelan un alto nivel de satisfacción das familias dos usuarios dos nosos servizos, así como dos clientes externos e provedores. Estes resultados son a consecuencia directo do traballo realizado polos equipos directivos e o persoal da nosa Rede de Centros e Servizos na súa actividade diaria.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.