loading

Servizo de Axuste Psicosocial

Potenciar as competencias dos rapaces con TEA aceptando ás súas diferenzas e favorecendo o seu desenvolvemento integral

O Servizo de Axuste Integral da Fundación Menela comprende un conxunto de intervencións dirixidas a persoas con TEA a partires dos 6 anos, as súas familias e á súa contorna, có obxectivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan.

Como en calquera outro contexto de aprendizaxe, o Servizo de Axuste Integral trata de favorecer o máximo desenvolvemento persoal para conseguir la maior calidade de vida posible. O obxectivo central da intervención no usuario con TEA é a mellora do seu coñecemento social y das súas habilidades comunicativas e sociais, así como lograr una conduta autorregulada adaptada ao contexto no que vive.

O Servizos de:

  • Estimulación cognitiva
  • Logopedia
  • Estimulación Sensorial
  • Atención Psicomotriz
QUE FACEMOS

Unha intervención individualizada, con obxectivos e contidos de intervención personalizados, mediante un plan individual de intervención
Unha intervención integradora, tendo en conta os ámbitos de vida do neno/a (centro escolar, familia, outros profesionais) e promovendo unha rede de apoio dirixida a atender as súas necesidades
Unha intervención funcional centrada en aspectos emocionais, comunicativos, de xogo e conductuais, considerando tamén os aspectos relacionados coa autoregulación persoal, autonomía, relacións familiares e sociais, actividades académicas, lecer e vida na comunidade
Unha intervención seguindo un enfoque psicopedagóxico.

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

at_tempera@menela.org
mlopez@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.